From Wikipedia, the free encyclopedia
O método D'Hondt é un método electoral creado polo matemático e avogado belga Victor D'Hondt, empregado, xeralmente, para repartir os escanos dun parlamento ou congreso, de modo proporcional ós votos acadados polas candidaturas. Aínda que sobre todo é coñecido no ámbito da política, este sistema pode servir para calquera tipo de distribución proporcional.
Entre outros países, úsase na Arxentina, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chile, Colombia, Croacia, Ecuador, Eslovenia, España, Finlandia, Guatemala, Irlanda, Israel, Xapón, Países Baixos, Paraguai, Polonia, Portugal, República Checa, Suíza, Turquía, República Dominicana e Venezuela.
Logo de escrutar todos os votos, calcúlanse unha serie de divisores para cada lista. A fórmula para os divisores é V/N, onde V é o número total de votos recibidos pola lista, e N son números enteiros que van desde 1 ata o número de escanos da circunscrición obxecto de escrutinio. Unha vez realizadas as divisións dos votos de cada candidatura entre cada un dos divisores desde 1 ata n, a asignación de escanos faise ordenando os cocientes das divisións de maior a menor e asignando a cada un un escano ata que estes se esgoten.
A orde na que se reparten os escanos ós individuos de cada lista é irrelevante: pode ser unha decisión interna do partido (nun sistema de listas pechadas) ou pode que os votantes teñan algunha influencia (nun sistema de listas abertas).
Ás veces inclúese ademais un limiar de porcentaxe de votos por debaixo do cal o partido queda excluído.
É un sistema que tende a beneficiar os partidos maioritarios, sendo o resultado normalmente inxusto desde un punto de vista puramente lóxico. No exemplo que presentamos de seguido, o partido A saca unha cantidade meirande en votos que o B, así e todo, os dous teñen os mesmos representantes. O partido B ten menos do dobre de votos que o partido C, e no entanto obtén tripla representación.
Supoñemos unhas eleccións ás que se presentan cinco partidos, entre os que deben repartirse sete escanos.
Partido A | Partido B | Partido C | Partido D | Partido E | |
---|---|---|---|---|---|
Votos | 340.000 | 280.000 | 160.000 | 60.000 | 15.000 |
Antes de comezar a asignación de escanos é necesario debuxar unha táboa de 7 filas (número de escanos) por 5 columnas (número de partidos). Na primeira fila escribimos os votos totais recibidos por cada partido (divisor 1). É preferible ordenar os partidos por número de votos, pois así simplificaranse as seguintes fases do algoritmo.
Primeira iteración
Segunda iteración
Terceira iteración
Cuarta iteración
Quinta iteración
Sexta iteración
Séptima iteración
Partido A | Partido B | Partido C | Partido D | Partido E | |
---|---|---|---|---|---|
Votos | 340.000 | 280.000 | 160.000 | 60.000 | 15.000 |
Escano 1 | (340.000/1 =) 340.000 | (280.000/1 =) 280.000 | (160.000/1 =) 160.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 2 | (340.000/2 =) 170.000 | (280.000/1 =) 280.000 | (160.000/1 =) 160.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 3 | (340.000/2 =) 170.000 | (280.000/2 =) 140.000 | (160.000/1 =) 160.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 4 | (340.000/3 =) 113.333 | (280.000/2 =) 140.000 | (160.000/1 =) 160.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 5 | (340.000/3 =) 113.333 | (280.000/2 =) 140.000 | (160.000/2 =) 80.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 6 | (340.000/3 =) 113.333 | (280.000/3 =) 93.333 | (160.000/2 =) 80.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Escano 7 | (340.000/4 =) 85.000 | (280.000/3 =) 93.333 | (160.000/2 =) 80.000 | (60.000/1 =) 60.000 | (15.000/1 =) 15.000 |
Total de escanos | 3 | 3 | 1 | 0 | 0 |
% votos | 40% | 33% | 19% | 7% | 2% |
% escanos | 43% | 43% | 14% | 0% | 0% |
Na seguinte táboa amósase o mesmo procedemento, pero no lugar de calcular os cocientes conforme se van asignando os escanos, calcúlanse todos en primeiro lugar.
Divisor | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | ||
Partidos | A | [1] 340.000 | [3] 170.000 | [6] 113.333 | 85.000 | 68.000 | 56.667 | 48.571 |
B | [2] 280.000 | [5] 140.000 | [7] 93.333 | 70.000 | 56.000 | 46.667 | 40.000 | |
C | [4] 160.000 | 80.000 | 53.333 | 40.000 | 32.000 | 26.667 | 22.857 | |
D | 60.000 | 30.000 | 20.000 | 15.000 | 12.000 | 10.000 | 8.571 | |
E | 15.000 | 7.500 | 5.000 | 3.750 | 3.000 | 2.500 | 2.143 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.