A Sintaxina 1A (STX1A ou STX1) é unha proteína codificada nos humanos no xene STX1A do cromosoma 7, que intervén na fusión de membranas durante a exocitose.[1]

PDB 1bro
Identificadores
Símbolo STX1A
Símbolos alt. HPC-1; P35-1; STX1; SYN1A
Entrez 6804
OMIM

186590

RefSeq NP_001159375
UniProt Q16623
Outros datos
Locus Cr. 7 :(73.7 – 73.72 Mb)

Función

As vesículas sinápticas almacenan neurotransmisores que son liberados durante a exocitose regulada polo calcio. A especificidade da liberación do neurotransmisor require a localización das vesículas sinápticas e dos canles de calcio na zona activa presináptica. As sintaxinas actúan neste proceso de fusión de vesículas.

A sintaxina 1A é un membro da superfamilia da sintaxina. As sintaxinas son proteínas específicas do sistema nervioso implicadas no atraque de vesículas sinápticas na membrana plasmática presináptica. As sintaxinas posúen un só dominio C-terminal transmembrana, un dominio SNARE (chamado H3), e un dominio regulador N-terminal (Habc). As sintaxinas únense á sinaptotagmina dun modo dependente do calcio e interaccionan con canles de calcio e potasio reguladas por voltaxe por medio do seu dominio C-terminal H3. A sintaxina 1A é unha proteína clave na regulación do canle iónica e na exocitose sináptica.[2]

Importancia clínica

As sintaxinas serven como substrato para a neurotoxina botúlica tipo C, unha metaloprotease que bloquea a exocitose e ten unha alta afinidade por un complexo molecular no que está incluído o receptor de alfa-latrotoxina, que produce unha exocitose explosiva.[3]

O nivel de expresión de STX1A está correlacionado directamente coa intelixencia na síndrome de Williams.[4]

Interaccións

STX1A presenta interaccións con:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.