composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A sinaptotagmina 1, ou ás veces simplemente sinaptotagmina (aínda que hai varias sinaptotagminas), é unha proteína sensora de Ca2+ situada na membrana do axón terminal presináptico, codificada en humanos polo xene SYT1 (antes chamado SYT) do cromosoma 12 (12q21.2), que actúa durante a exocitose de vesículas sinápticas cargadas de neurotransmisores.[2]
PDB 1byn | |
Sinaptotagmina 1 | |
Identificadores | |
Símbolo | SYT1 |
Símbolos alt. | P65; SVP65; SYT |
Entrez | 6857 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001129277 |
UniProt | P21579 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 12 :(78.86 – 79.45 Mb) |
Como outras sinaptotagminas (SYTs) consta dunha rexión transmembrana N-terminal (TMR), un tramo de enlace, e dous dominios C2 C-terminais, denominados C2A e C2B.
A sinaptotagmina 1 é o interruptor mestre responsable de permitir a liberación de neurotransmisores no cerebro humano. Pode detectar concentracións de calcio de só 10 ppm e sinalizar ao complexo SNARE para que se abran poros de fusión.[3]
A sinaptotagmina 1 é un dos tipos de sinaptotagminas que se unen ao calcio, as cales actúan como sensores do Ca2+ e están implicadas nestas dúas funcións:
Demostrouse recentemente que a sinaptotagmina 1 pode desprazar a complexina do complexo SNARE en presenza de calcio. Pénsase que este é un dos últimos pasos necesarios para a exocitose.[9] A sinaptoptagmina unida ao calcio únese ao complexo SNARE, causa que se libere o efecto de enganche de fusión da complexina, o que permite a fusión da vesícula e a exocitose.[10]
A sinaptotagmina presenta dous dominios C2 C-terminais chamados C2A e C2B. Determinouse que os dominios C2 se unían ao calcio por primeira vez na sinaptotagmina 1, e a estrutura destes dominios foi estudada principalmente na sinaptotagmina 1. Os seus dominios C2 están compostos por un sandwich β de oito febras estable con bucles flexibles que emerxen desde a parte superior e inferior. O calcio únese só aos bucles superiores, e os petos de unión están coordinados por cinco residuos de aspartato conservados: únense tres ións calcio ao C2A, e dous ións calcio ao C2B. Outros aminoácidos dos bucles superiores que non coordinan directamente o calcio inflúen tamén na afinidade polo calcio.
O dominio C2A regula o paso de fusión da vesícula sináptica na exocitose.[11][12] En concordancia con isto, a cinética da actividade de unión a fosfolípidos dependente do Ca2+ do dominio C2A in vitro é compatible coa natureza moi rápida da liberación do neurotransmisor (uns 200 μs).[13] O dominio C2A únese a fosfolípidos cargados negativamente dun modo dependente do Ca2+. A unión do Ca2+ altera as interaccións proteína-proteína da sinaptotagmina como por exemplo incrementando a afinidade da sinaptotagmina pola sintaxina.
O dominio C2B únese ao fosfatidil-inositol-3,4,5-trisfosfato (PIP3) en ausencia de ións calcio e ao fosfatidilinositol bisfosfato (PIP2) na súa presenza, o que suxire que ocorre un cambio na interacción co lípido durante a despolarización. A unión do Ca2+ ao dominio C2B causa a dimerización da sinaptotagmina implicada no paso de fusión das vesículas sinápticas polo autoagrupamento dependente do Ca2+ por medio do dominio C2B. A interacción entre o dominio C2B e a SNAP-25 é independente do Ca2+, e entre o C2B e o motivo "synprint" (synaptic protein interaction, interacción de proteína sináptica) da subunidade formadora de poros do canal de calcio regulado por voltaxe. O dominio C2B regula tamén o paso de reciclaxe das vesículas sinápticas ao unirse á proteína de ensamblaxe de clatrina, AP-2.
Presenta interacción proteína-proteína interaccións con: SNAP-25,[14][15] STX1A[16][17] e S100A13.[18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.