filme estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
Singin' in the Rain | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Singin' in the Rain |
Director | |
Produtor | Arthur Freed |
Guión |
|
Baseado en |
|
Intérpretes |
|
Música | Lennie Hayton (banda sonora orixinal)[1] Cancións: Nacio Herb Brown (música) Arthur Freed (letras) |
Fotografía | Harold Rosson |
Montaxe | Adrienne Fazan |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Loew's Inc. |
Estrea | Radio City Music Hall: 27 de marzo de 1952 11 de abril de 1952 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 2,5 millóns de dólares[2] |
Recadación | 12,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
|
O filme foi un éxito moderado no momento da súa estrea. Donald O'Connor gañou o Globo de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical, e Betty Comden e Adolph Green gañaron o Premio "Writers Guild of America" ó mellor guión, mentres que Jean Hagen foi nomeada ó Oscar á mellor actriz secundaria. Porén, conseguiu un status de filme lendario pola crítica contemporánea, e é frecuentemente considerado como un dos mellor filmes musicais xamais feitos,[3] e o mellor filme xamais feito en "Freed Unit" da Metro-Goldwyn-Mayer. Subiu ó máis alto da lista AFI dos mellores filmes musicais e foi clasificado como o quinto mellor filme estadounidense de tódolos tempos de acordo coa lista lista AFI de 2007. En 1989, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América escolleu o filme para a súa preservación no National Film Registry. En 2005, o British Film Institute incluíuno na súa lista de 50 filmes que deberías ver ós 14 anos. Na lista de 2017 da revista Sight & Sound sobre os 50 mellores filmes de tódolos tempos, Singin' in the Rain atópase no posto vinte.[4]
Don Lockwood é unha romántica estrela do cine mudo a quen custou moito chegar até a cima. Até chegar a triunfar en Hollywood levou un longo camiño en compañía do seu íntimo amigo Cosmo Brown. Agora forma parella con Lina Lamont, unha bela moza, non tan parva como parece, pero bastante turbia nas súas intencións. Son a parella de moda dos estudios cinematográficos que dirixe R.F. Simpson. Tras unha das estreas, Don coñece a Kathy Selden, unha actriz de teatro aínda descoñecida, que primeiro menospreza a arte do cine e logo sae dunha torta resultando ser unha das bailarinas do coro que vai á festa.
Don e Kathy namóranse. Paralelamente, produciuse un terremoto na industria cinematográfica: o cine sonoro chega arrasando. O público quere máis e hai que reconverter o último filme de Lockwood e Lamont en musical, o que non sería un problema se non resultase que Lina Lamont ten unha voz de rata completamente inservible para o cine.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.