Jessica García Romero, coñecida literariamente como Sica Romero,[1] nada en Carnota o 23 de abril de 1995, é unha escritora e guía de museo galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1995 (29 anos) Carnota, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | guía de turismo, escritora |
Traxectoria
Grao en Historia da arte (2018), especializouse en xestión de patrimonio, museística e mercado da arte (2019), e ten tamén un mestrado en Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia (2021).[2] Ten traballado como correctora editorial, guía de museos ou auxiliar de sala,[3] como por exemplo no MUSAC de León. É colaboradora na sección de literatura do Diario Cultural da Radio Galega e bibliotecaria na Biblioteca de Galicia. A súa primeira novela, Avelaíñas eléctricas, caracterízase por estar escrita no galego dialectal da Costa da Morte.[4]
Obra
- Avelaíñas eléctricas (Nêspera editora, 2022). ISBN 978-84-125536-04.[5]
Obras colectivas
- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023). ISBN 978-84-1110-358-9.[6]
Premios
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Avelaíñas eléctricas en 2023.[7]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.