Shen Kuo
polímata chinés da dinastía Song From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
polímata chinés da dinastía Song From Wikipedia, the free encyclopedia
Shen Kuo (chinés tradicional e simplificado: 沈括; pinyin: Shěn Kuò; Wade-Giles: Shěn3 K'uo4), nado en 1031 e finado en 1095, foi un polímata[1] chinés da dinastía Song (960-1279). Destacou como xeólogo, astrónomo, agrónomo, embaixador, xeneral militar, matemático, cartógrafo, enxeñeiro hidráulico, meteorólogo, botánico, zoólogo, farmacólogo, escritor e burócrata do goberno imperial.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 沈括 1031 Hangzhou (Northern Song dynasty) |
Morte | 1095 (63/64 anos) Zhenjiang (Northern Song dynasty) |
Hanlin Academy bianxiu (en) | |
1076 – 1093 (morte) | |
Embaixador | |
1075 – 1076 | |
Datos persoais | |
Residencia | Hangzhou |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, astronomía, meteoroloxía, xeoloxía, zooloxía, botánica, farmacoloxía, Agronomía, Etnografía e Cartografía |
Ocupación | físico, economista, farmacéutico, meteorólogo, escritor, astrólogo, botánico, erudito, entomólogo, zoólogo, xeofísico, inventor, político, astrónomo, matemático, cartógrafo, filósofo, poeta, diplomático, enxeñeiro civil, xeólogo, antropólogo, climatólogo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Shen Zhou e Xu Shi |
Shen Kuo viviu en Qiantang, o actual Hangzhou. En 1063, á idade de 35 anos, Shen Kuo pasou con éxito o exame imperial para o servizo do goberno. Foi como embaixador ao Imperio Tangut, e estivo nas campañas militares levadas a cabo contra eles. Foi o administrador principal da Oficina de astronomía e chanceler da Academia de Han-lin. Tamén foi aliado político e confidente do chanceler Wang Anshi e do emperador Shenzong (神宗 Shénzōng; 1067-1085). Shen Kuo foi primeiro en describir o compás magnético no seu libro Meng xi bitan 夢溪筆談 (1088), onde tamén se detalla o procedemento da imprenta de tipos móbiles inventado por Bi Sheng (972-1051). Isto ocorría un século antes de que Alexander Neckham o describira en Europa. Elaborou unha teoría xeolóxica da xeomorfoloxía observando os depósitos de barro, os fósiles mariños que se encontraban nas montañas, e os fósiles subterráneos de bambú encontrados nunha rexión na que non se desenvolve o bambú. Mellorou as invencións da esfera armilar, do gnomon, e do reloxo de auga (clepsidra). Descubriu o concepto astronómico do norte verdadeiro, e alegou que o Sol e a Lúa eran corpos esféricos, non planos, utilizando a observación da eclipse solar e a eclipse lunar. Fixo dous atlas, e creou unha carta xeográfica tridimensional. Foi tamén o primeiro na China en describir o dique seco para a reparación de barcos. Reformou o calendario chinés sobre a base dunhas observacións astronómicas precisas que realizou durante meses.
Shen Kuo viviu ao final da súa vida varios anos no illamento, na súa casa, que tiña un xardín que lle servía de lecer, cerca de Zhenjiang, provincia de Jiangsu. A súa tumba está na zona de Yuhang de Hangzhou e, en setembro de 2001, por iniciativa do goberno chinés, se reconstruíu enteiramente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.