From Wikipedia, the free encyclopedia
O shamisen ou samisen (三味線?, literalmente "tres cordas"), tamén chamado sangen (三絃?, tamén "tres cordas"), é un instrumento tradicional xaponés tocado cun plectrum chamado bachi. A pronunciación en xaponés é "shamisen", pero ás veces é "jamisen" cando é sufixo (por exemplo: Tsugaru-jamisen).[1] No oeste do Xapón e nas fontes do período Edo chámaselle "samisen."
O shamisen é un instrumento de corda pulsada. A súa construción segue un modelo semellante ó dunha guitarra ou banjo, empregando un pescozo e coas cordas estiradas ó longo dun corpo de resonancia. O pescozo do shamisen ofrece menos rozamento e é máis delgado que o dunha guitarra ou banjo. O seu corpo, chamado dō (胴?), aseméllase a un tambor, cun interior oco e unha pel tensada cara aos extremos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.