From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de hóckey a patíns masculina de Suíza é o equipo que representa a Suíza nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A pesar de ser a selección que máis veces participou no Campionato de Europa xunto con Inglaterra (47 participacións cada unha), e ter competido nos campionatos non oficiais de 1924 e 1925, disputados en Montreux (Suíza), a selección helvética non conseguiu nunca ningún título continental pese a ter xogado as finais de 1937 na que caeu fronte á gran dominadora durante os primeiros anos da competición, Inglaterra; e unha última final no 2006 na que caeu por 2 goles a 0 fronte á gran dominadora do hóckey europeo e mundial no novo milénio, España. Á parte destas dúas finais, o cadro helvético subíuse catro veces máis ao podio continental ao conseguir catro terceiros postos (1927, 1931, 1934 e 1950). Nos Campionatos do Mundo, tanto no A como no B, o seu mellor resultado foi o subcampionato, conseguindo no 2007 o do Mundial A fronte a España (perdendo por 8 a 1), e dous do Mundial B en 1988 e 1990 logo de perder as finais fronte a Colombia e Brasil respectivamente. Cómpre destacar tamén o terceiro posto logrado polos suízos no Mundial A de 1950.
Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[1]:
Nº | NOME | POSICIÓN |
---|---|---|
1 | Guillaume Oberson | Porteiro |
2 | Simon Von Allmen | Defensa |
3 | Jordi Ortola | Defensa |
4 | Ivan Ruggiero | Defensa |
5 | Andreas Munger | Defensa |
6 | Hanes Wegmueller | Dianteiro |
7 | Pascal Kissling | Dianteiro |
8 | Marzio Vanina | Dianteiro |
9 | Dominik Wirth | Dianteiro |
10 | Daniel Dietrich | Porteiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.