A selección de fútbol dos Estados Unidos (en inglés: United States national soccer team) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.

Máis información Estados Unidos, Actual campión da Copa do Mundo ...
Estados Unidos
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación U.S. Soccer
Confederación CONCACAF (Norteamérica)
Código FIFA USA
Alcume The Yanks
Clasificación FIFA 22 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Mauricio Pochettino
Máis encontros Cobi Jones (164)
Máximo goleadorClint Dempsey
Landon Donovan (57)
Estrea internacional
Suecia 2 − 3 Estados Unidos Estados Unidos
Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916
Maior vitoria
Estados Unidos 8 − 0 Barbados Barbados
Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008
Maior derrota
Noruega 11 − 0 Estados Unidos Estados Unidos
Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948
Copa do Mundo
Participacións 10 (primeira en 1930)
Mellor resultado Terceiro lugar (1930)
Copa Ouro
Participacións 17 (primeira en 1985)
Mellor resultado Campións (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017)
Copa América
Participacións 4 (primeira en 1992)
Mellor resultado Cuarto lugar (1995, 2016)
Pechar

Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.

Historia

O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección do Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.

O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra Arxentina e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.

Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.

O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.

Uniforme

Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante Canadá, os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.

Resultados

Copa Mundial de Fútbol

Máis información Ano, Fase ...
Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 1930 Semifinais 320176
Italia Italia 1934 Primeira fase 16°100117
Francia Francia 1938 Non clasificado
Brasil Brasil 1950 Primeira fase 10°310248
Suíza Suíza 1954 Non clasificado
Suecia 1958
Chile Chile 1962
Inglaterra Inglaterra 1966
México 1970
Alemaña Alemaña 1974
Arxentina 1978
España España 1982
México 1986
Italia Italia 1990 Primeira fase 23°300328
Estados Unidos 1994 Oitavos de final 14°411234
Francia Francia 1998 Primeira fase 32°300315
Corea/Xapón 2002 Cuartos de final 521277
Alemaña Alemaña 2006 Primeira fase 25°301226
Suráfrica 2010 Oitavos de final 12°412155
Brasil 2014 Oitavos de final 15411256
Rusia 2018 Non clasificado
Total -25°2975173256
Pechar

Copa de Ouro

Máis información Ano, Fase ...
Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Estados Unidos 1991 Campión 5410103
Estados Unidos/México 1993 Subcampión 440155
Estados Unidos 1996 Semifinais 220153
Estados Unidos 1998 Subcampión 430162
Estados Unidos 2000 Cuartos de final 221062
Estados Unidos 2002 Campión 541091
Estados Unidos/México 2003 Semifinais 4301102
Estados Unidos 2005 Campión 5420113
Estados Unidos 2007 Campión 6600133
Estados Unidos 2009 Subcampión 6411128
Estados Unidos 2011 Subcampión 640296
Estados Unidos 2013 Campión 6600204
Estados Unidos 2015 Semifinais 6321125
Estados Unidos 2017 Campión 6510134
Total -4732658031
Pechar

Xogadores

Máis información #, Nome ...
Pechar

Adestradores

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.