Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina (bosníaco: Nogometna/Fudbalska reprezentacija Bosne i Hercegovine, en serbio: Фудбалска репрезентација Боснe и Херцеговинe, Fudbalska reprezentacija Bosne i Hercegovine, croata: Nogometna reprezentacija Bosne i Hercegovine) é o equipo representativo do país nas competicións internacionais oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina (Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine, N/FSBiH; Ногометни/Фудбалски Савез Босне и Херцеговине, Н/ФСБиХ), pertencente á UEFA. A selección naceu en 1995 tras o desmembramento de Iugoslavia. Antes dese evento, os xogadores bosníacos xogaban na selección iugoslava.
Bosnia e Hercegovina | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine − N/FSBiH | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | BIH | ||
Alcume | Zmajevi (Dragóns) | ||
Clasificación FIFA | 48 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Dušan Bajević | ||
Máis encontros | Edin Džeko (107) | ||
Máximo goleador | Edin Džeko (58) | ||
Estrea internacional Albania 2 − 0 Bosnia e Herc. Tirana, Albania; 30 de novembro de 1995 | |||
Maior vitoria Bosnia e Herc. 7 − 0 Estonia Zenica, Bosnia e Hercegovina; 10 de setembro de 2008 Liechtenstein 1 − 8 Bosnia e Herc. Vaduz, Liechtenstein; 7 de setembro de 2012 | |||
Maior derrota Arxentina 5 − 0 Bosnia e Herc. Córdoba, Arxentina; 14 de maio de 1998 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 1 (primeira en 2014) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (2014) | ||
Aínda que a Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina creouse en 1992, a selección nacional non debutou ata 1995, tras o fin da Guerra dos Balcáns. En 1996 a Federación bosníaca foi aceptada como membro da FIFA, o que permitiu ao combinado nacional disputar as eliminatorias de acceso á Copa Mundial de 1998. Xogou o seu primeiro partido oficial o 9 de setembro de 1996, perdendo por 3-0 ante Grecia. A primeira vitoria de Bosnia e Hercegovina chegou o 6 de novembro de 1996 nun encontro amigable contra Italia, que terminou 2-1. Tan só catro días despois chegaba a primeira vitoria en partido oficial, contra Eslovenia, por idéntico resultado.
Ata a data, a selección bosníaca non logrou a clasificación para a fase final en ningún evento internacional de importancia. Con todo, quedou ás portas de acceder á Eurocopa 2004, onde non clasificou por tan un gol de diferenza ante o seleccionado de Dinamarca. Na seguinte cita, a clasificadora para o Mundial de 2006, os bosníacos confirmaron a súa progresión. Aínda que non logrou clasificarse, Bosnia-Hercegovina terminou a terceira do seu grupo, con resultados de mérito como a súa vitoria sobre Bélxica ou o seu empate en España. A clasificación a un mundial sería acadada para a edición de 2014, onde caeron na fase de grupos.
Copa do Mundo FIFA: Sen participación .
Eurocopa: Sen participación.
A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son:
# | Xogador | Período | Xogos | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Edin Džeko | 2007– | 107 | 58 |
2 | Emir Spahić | 2003–2018 | 94 | 6 |
3 | Miralem Pjanić | 2008– | 92 | 15 |
4 | Zvjezdan Misimović | 2004–2018 | 85 | 25 |
5 | Vedad Ibišević | 2007–2018 | 83 | 28 |
6 | Asmir Begović | 2009– | 62 | 0 |
7 | Haris Medunjanin | 2009–2018 | 60 | 9 |
8 | Senad Lulić | 2008– | 57 | 4 |
9 | Elvir Bolić | 1996–2006 | 51 | 22 |
10 | Edin Višća | 2010– | 50 | 10 |
A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son:
# | Xogador | Período | Goles | Xogos | Media |
---|---|---|---|---|---|
1 | Edin Džeko | 2007– | 58 | 107 | 0,54 |
2 | Vedad Ibišević | 2007–2018 | 28 | 83 | 0,34 |
3 | Zvjezdan Misimović | 2004–2018 | 25 | 85 | 0,29 |
4 | Elvir Bolić | 1996–2006 | 22 | 51 | 0,43 |
5 | Sergej Barbarez | 1998–2006 | 17 | 47 | 0,35 |
6 | Miralem Pjanić | 2008– | 15 | 92 | 0,16 |
7 | Elvir Baljić | 1996–2005 | 14 | 38 | 0,37 |
8 | Zlatan Muslimović | 2006–2011 | 12 | 30 | 0,40 |
9 | Edin Višća | 2010– | 10 | 50 | 0.20 |
10 | Haris Medunjanin | 2009–2018 | 9 | 60 | 0,15 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.