Sebahat Tuncel

política turca From Wikipedia, the free encyclopedia

Sebahat Tuncel

Sebahat Tuncel, nada en Yazıhan o 5 de xullo de 1975 é unha política kurda, activista polos dereitos das mulleres, anteriormente enfermeira [Cómpre referencia]e membro do Parlamento Turco.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Sebahat Tuncel
Thumb
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1975 (49 anos)
Yazıhan, Turquía (en)
DBP Co-chair (en)
9 de xullo de 2017 – 30 de novembro de 2019
 Sebahat TuncelSalihe Aydeniz (en)  
Xunto con: Mehmet Aslan (en)
DBP Co-chair (en)
28 de maio de 2016 – 9 de xullo de 2017
 Emine Ayna (en) Sebahat Tuncel 
Xunto con: Kamuran Yüksek (en)
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía
28 de abril de 2014 
Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en)

Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en)
HDP Co-chair (en)
27 de outubro de 2013 – 22 de xuño de 2014
 Fatma Gök (en) Figen Yüksekdağ (pt)  
Xunto con: Ertuğrul Kürkçü (pt)
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía
28 de xuño de 2011 – 28 de abril de 2014 (joining party (en) )
Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en)

Circunscrición electoral: Istanbul (1st electoral district) (en)
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía
23 de xullo de 2007 – 28 de xuño de 2011
Lexislatura: 23rd Parliament of Turkey (en)

Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en)
Datos persoais
EducaciónMersin University (en)
Actividade
Ocupaciónpolítica
Partido políticoPartido Democrático dos Povos (pt)
Democratic Regions Party (en)

Pechar

Traxectoria

Cursou estudos de cartografía e topometría na Universidade de Mersin para máis tarde comezar a súa carreira política a través da sección de mulleres do Partido da Democracia dos Pobos (HADEP) en 1998. Na actualidade é covicepresidenta e deputada en Istambul do Partido Sociedade Democrática (DTP), que ela mesma axudou a fundar. Traballou tamén en organizacións internacionais como a ONU, no seu programa de axuda ao desenvolvemento, UNDP, e Amnistía Internacional.[2]

Foi xulgada en 2006 pola súa pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), baixo a acusación de facer viaxes frecuentes ós campos do PKK no norte de Iraq e foi encarceada posteriormente. Concorreu ás eleccións xerais ao parlamento turco en 2007 dende a prisión e gañou un escano grazas a 93 000 votos,[3] sendo posta en liberdade en xullo de 2007.[4]

Foi a muller máis nova en ser membro do parlamento turco e a primeira persoa en ser elixida deputada dende a prisión en toda a historia de Turquía. O catro de outubro pasou a prisión provisional, sendo emprisionada con cargos en novembro de 2018.[5]

Segundo a Oficina Legal internacional a fiscalía solicitaba 130 anos de prisión por delitos relacionados co terrorismo debido á súa pertenza ao legalizado Congreso Sociedad Democrática (DTK) e por 16 declaracións e discursos que realizou en reunións e roldas de prensa previos ás reunións do Partido Unidade Democrática (DBP).[6]

O día un de decembro sumouse a Leyla Güven na súa folga de fame.[7] Unha sentenza condeouna a 15 anos de prisión en febreiro de 2019 baixo os cargos de pertenza a organización terrorista e por facer propaganda terrorista.[8]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.