futbolista bosníaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Sead Kolašinac, nado en Karlsruhe o 20 de xuño de 1993, é un futbolista bosníaco-alemán, lateral esquerda que xoga dende 2017 co Arsenal F.C.
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1993 (31 anos) Karlsruhe, Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Alemaña Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Islam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua alemá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga, Premier League e Ligue 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 23 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Kolašinac naceu en Baden-Württemberg de pais bosníacos[1], seu pai Faik, que traballa na fábrica de Mercedes-Benz, naceu en Nikšić (Montenegro) aínda que a súa familia procedía de Plav. A familia asentouse en Čapljina en Bosnia e Herzegovina, en 1969, de onde é súa nai. Sead estudou na Gesamtschule Berger Feld de Gelsenkirchen[2]. Kolašinac comezou no fútbol nas seccións xuvenís do equipo local do Karlsruher SC. Despois de oito anos pasou en 2009 ao 1899 Hoffenheim para pasar na tempada seguinte ao VfB Stuttgart e en 2011 ao Schalke 04[3].
Logo dunha tempada co equipo xuvenil, Kolašinac saltou ao segundo equipo, o Schalke 04 II, nunha liga rexional, a Regionalliga West e tras marcar dous goles en sete partidos pasou ao primeiro equipo. O 15 de setembro de 2012 debutou na Bundesliga nunha vitoria 2–0 contra do Greuther Fürth[4]. En decembro dese ano xogou por primeira volta en competicións europeas, nun empate 1–1 contra do Montpellier na UEFA Champions League[5].
En xuño de 2013 ampliou o seu contrato ata xuño de 2017[6] pero ao comezar a tempada seguinte por mor dunha lesión no seu xeonllo dereito deixou de xogar durante seis meses[7]. Marcou o seu primeiro gol para o Schalke 04 o 13 de decembro de 2015 nun empate 1–1 contra do FC Augsburg[8]. En maio de 2017 decidiu non renovar o seu contrato[9]. No remate da tempada 2016-17 entrou como un dos votados para o equipo da Bundesliga[10].
O 6 de xuño de 2017 o Arsenal da Premier League confirmou a sinatura da transferencia do xogador [11]. Kolašinac marcou no seu debut contra do Chelsea no Community Shield, que o Arsenal levou nos penaltis[12][13]. O seu primeiro partido na Premier foi o primeiro día da competición, realizando unha asistencia nunha vitoria 4–3 contra do Leicester City[14] e levou máis da metade dos votos na elección do xogador do mes de agosto do equipo[15]. O 14 de setembro marcou no seu debut na UEFA Europa League contra do 1. FC Köln nunha vitoria do Arsenal 3–1[16]. O seu primeiro gol na Premier League chegou o 28 de outubro contra do Swansea City, e mais tamén asistiu no outro gol do partido que rematou nunha vitoria para o seu equipo por 2 a 1[17]. Kolašinac de novo quedou como mellor xogador do mes, en outubro, coa metade dos votos[18]. Na primeira tempada co club londiniense xogou 27 partidos de liga, 25 como titular, e 9 noutro tipo de competicións, nacionais ou internacionais.
O 18 de maio de 2011 Kolašinac debutou coa selección alemá sub-18 como substituto nun encontro contra Austria. O seu primeiro gol nun partido internacional foi o 1 de setembro de 2011 coa selección sub 19 contra Bélxica. O adestrador Rainer Adrion convocouno para o encontro amigable da selección sub-21 contra Israel o 24 de marzo en Tel Aviv [19] porén non puido acudir. De novo volveron convocalo para a sub-21 para a Eurocopa sub-21 de 2013 en Israel[20]. O torneo remataou para a selección alemá xa na fase de grupos e Kolašinac non chegou a saír ao terreo de xogo.
En 2013 o adestrador bosníaco, Safet Sušić, convocouno para a selección de Bosnia e Hercegovina absoluta, debutou o 23 de novembro contra a Arxentina en St. Louis, nun encontro que rematou nunha derrota bosníaca por 2 a 0[21].
En xuño de 2014 participou no Mundial do Brasil[22]. No minuto 3 do primeiro partido da súa selección contra da Arxentina, Sead marcou un autogol, e o encontro rematou coa vitoria arxentina por 2 a 1[23].
Na clasificación para a Eurocopa 2016 de Francia xogou tres partidos no grupo B.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.