Señorío de Biscaia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Señorío de Biscaia

O Señorío de Biscaia foi unha forma de organización política que se mantivo na actual provincia de Biscaia ata o ano 1876 que foron derrogados os foros. Dependente de Castela pero con lexislación e goberno propios, o Señorío de Biscaia mantivo a organización tradicional que viña rexendo nesa terra brindando aos seus cidadáns un status propio e uns privilexios que lles facían diferentes do resto das posesións do reino de Castela.

Thumb
Escudo do Señorío de Biscaia.

A lenda

Thumb
Torre na elizate de Zamudio.

O ano 840 tropas asturleonesas do rei Afonso II ao mando do seu irmán o infante Ordoño reclaman a Biscaia os impostos non pagos (un boi, unha vaca e un cabalo branco). Os biscaíños néganse e enfróntanse na batalla de Padura ou Busturia, onde vencen e perseguen as tropas vencidas na súa fuxida ata o "arbol gafo" ou "arbol malato" situado en Luyando, Alava, límite naqueles de Biscaia. Onde deixan cravada unha espada. Desde entón Padura ou Busturia pasa a chamarse Arrigorriaga (pedras encarnadas) debido a que pola crueza da batalla todas as pedras acabaron tinguidas de sangue. O propio infante Ordoño morreu nesa batalla e a súa tumba atópase na igrexa de Santa María Magdalena, en Arrigorriaga. Na loita destaca pola súa bravura entre os biscaíños o mozo nobre Lope Fortún, de Mundaca, fillo dunha princesa escocesa e dun nobre de mundaca chamado o culebro, Sugaar. Logo da batalla, os biscaíños aclaman este nobre, e en 888 noméano o seu Señor, sendo o primeiro Señor de Biscaia baixo o nome de Señor Branco (Jaun Zuria) debido a que era louro e de pel moi clara.

A historia

Tras a anexión do condado de Castela por Sancho III de Navarra (1029), Biscaia é gobernada por señores nomeados polos reis navarros.

O ano 1040, Iñigo López Ezquerra, señor navarro, gobernaba a Biscaia nuclear (sen as Encartaciones nin o Duranguesado). Nos enfrontamentos entre Castela e Navarra, declárase vasalo do rei de Castela, entregándolle Biscaia. En agradecemento é nomeado primeiro Señor de Biscaia, título outorgado con carácter hereditario.

O título é herdado polos seus descendentes ata que, por herdanza materna, en 1370 recae no Infante don Xoán de Castela, que herda do seu pai o reino de Castela, como Xoán I, permanecendo desde entón ligado á coroa, primeiro á de Castela e logo, desde Carlos I, co título de España [Cómpre referencia], sempre coa condición de que o Señor de quenda xurase defender e manter os foros do señorío (leis propias biscaíñas) que no seu texto afirmaban que os biscaíños, polo menos en teoría, podían desobedecer o Señor que así non o fixese.

As partes do Señorío

A Biscaia nuclear estaba formado pola:

  • Terra chaira, entendendo chaira no sentido de sen murallas, isto é, os campos e casaríos no núcleo de Biscaia, co foro biscaíño e infanzón, organizadas en elizates.
  • As Vilas e a Cidade, coas súas cartas de poboación e foros particulares e que celebraban as súas Xuntas separadamente das que celebraba o Señorío. Estas son: Balmaseda, Bermeo, Bilbao, Durango, Ermua, Guernica, Lanestosa, Lequeitio, Marquina, Ondarroa, Ochandiano, Portugalete, Plencia, a cidade é Orduña.

En fases posteriores uníronselle:

  • As Encartacións, coa súa propia xurisdición e goberno e que celebraban as súas Xuntas en Avellaneda.
  • O Duranguesado ou Meiriñado de Durango que celebraba xuntas en Cámpaa Foral de Guerendiaga fronte á ermida de San Salvador e San Clemente de Abadiano.

As Vilas e a Cidade e as Encartacións só acudían ás Xuntas Xerais de Guernica cando se ían tratar temas comúns que lles afectasen.

Señores

Casa de Haro

  • Íñigo López "Ezquerra", primeiro señor de Biscaia (1040-1077)..
  • Lope Íñiguez, segundo señor de Biscaia (1077-1093).
  • Diego López I de Haro, terceiro señor de Biscaia (1093-1124).
  • Lope Díaz I de Haro, cuarto señor de Biscaia (1124-1170).
  • Diego López II de Haro, quinto señor de Biscaia (1170-1214).
  • Lope Díaz II de Haro, sexto señor de Biscaia (1214-1236).
  • Diego López III de Haro, sétimo señor de Biscaia (1236-1254).
  • Lope Díaz III de Haro, oitavo señor de Biscaia (1254-1288).
  • Diego López IV de Haro, noveno señor de Biscaia (1288 e 1289).
  • María Díaz de Haro, décima señora de Biscaia (1289-1295).
  • Diego López V de Haro "O Intruso", undécimo señor de Biscaia (1295-1310).
  • María Díaz de Haro, volveu ao señorío tras serlle arrebatado polo seu tío (1310-1322).
  • Juan de Haro "O Vesgo", duodécimo señor de Biscaia (1322 e 1326).
  • María Díaz de Haro, repetiu señorío tras a morte do seu fillo (1326-1333).

Casa de Borgoña

Casa de Haro

  • María Díaz II de Haro, compartíndoo co seu marido Juan Núñez de Lara (1334 e 1349).

Casa de Lara

  • Juan Núñez de Lara (1334-1350).
  • Nuño de Lara (1351-1355).
  • Juana de Lara (1355-1359).

Casa de Trastámara

A partir de aquí, o título queda ligado á coroa de Castela, e logo á de España; sendo ostentado actualmente polo Rei Xoán Carlos I.

Señor segundo a lenda

  • Jaun (Lope) Zuria, nado en Mundaca, fillo dunha princesa irlandesa, escocesa ou danesa fuxida da súa terra, ou dun normando e unha princesa de Mundaca, segundo diferentes lendas. Outra lenda di que é fillo de Sugar. Non se considera histórico (século X).

Véxase tamén

Ligazóns externas


Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.