O scrupulum (voz latina, diminutivo de scupus, "pedra afiada"; plural scrupula) ou escrúpulo era unha unidade de medida da antigüidade equivalente á vinte e catroava parte dunha onza e, por extensión, doutras medidas.[2][3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escrúpulo.
Masa. Como unidade de masa: 1/24 dunha uncia ou 1/288 dunha libra (uns 1,1 g).[4][5]
Moeda. Como moeda de conta: 1/24 dunha uncia ou 1/288 dun ás. Na antiga Roma, entre 220 e 209a. de C., emitíronse moedas de ouro (con anterioridade á aparición do áureo), con pesos desde un a seis escrúpulos.[6][7] Ademais, o scrupulum tomouse como base para a determinación do peso e valor de moi diversas moedas, de tal xeito que, a modo de exemplo, o cuadrigato se correspondía con seis scrupula, o denario con catro, o vitoriato con tres e o sestercio con un.[8] A moeda bizantina denominada hexagrama definíase por equivaler a seis escrupula (gramma era a denominación grega para a palabra latina scrupulum).[9][10]