From Wikipedia, the free encyclopedia
Scolopax minor é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, e subfamilia dos escolopacios, unha das integradas no xénero Scolopax.
Scolopax minor | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Scolopax minor no niño | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Scolopax minor Gmelin, 1789 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Scolopax minor Alaranxado: área de reprodución Violeta: residente todo o ano Azul: zona na que non se reproduce | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin.[2][3][4]
Para a do xénero, ver Scolopax.
O epíteto específico, minor, esta tirado do adxectivo latino minor, -ōris, "menor", "máis pequeno".
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
Scolopax minor habita en áreas boscosas e mixtas forestal-agrícola-urbanas ao leste do Meridiano 98. Véronse espécimes até, polo norte, en Manitoba, e polo leste até o Labrador e Terra Nova.
No inverno migran cara ao sur, até os Estados da costa do golfo de México.
Esta especie norteamericana ten un corpo repoludo, as patas curtas, a cabeza grande e arredondada e un pico prénsil, longo e recto. Os adultos miden de 25 a 30 cm de longo e pesan de 140 a 230 g.[5]
As femias son considerabelmente máis grandes que os machos.[6]
O pico ten unha lonxitude de 6,4 a 7,0 cm.[7]
A envergadura alar oscila entre os 42 e os 48 cm.[8]
Esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación (descenso > 30 % en dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación (<10.000 individuos maduros cun descenso continuo estimado en >10% en dez anos ou tres xeracións) . Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.