Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Theodor Schwann, nado en Neuss am Rhein, no Reino de Prusia (actualmente no Land alemán de Renania do Norte-Westfalia), o 7 de decembro de 1810 e finado en Colonia o 11 de xaneiro de 1882, foi un fisiólogo, citólogo e botánico alemán, considerado como un dos fundadores da teoría celular.
As súas moitas contribucións ao campo da bioloxía inclúen o estudo da xeración espontánea, a dixestión gástrica (coa invención do termo metabolismo), as fermentacións e diversos descubrimentos de moita transcendencia como son as células de Schwann no sistema nervioso periférico, a pepsina ou a natureza orgánica do lévedo. Tamén contribuíu notabelmente á histoloxía.
Schwann contribuíu, por unha parte, á construción de microscopios con lentes acromáticas e, por outra, a aplicación destes instrumentos ao estudo dos seres vivos.
Schwann comezou os seus estudos universitarios en Bonn, en cuxa universidade ingresou en 1829, aos 18 anos, e onde coñeceu a Johannes Müller, fisiólogo, a quen axudou nos seus experimentos e que foi o seu mentor.
Schwann continuou os seus estudos de medicina na Universidade de Würzburg e, posteriormente, na de Berlín, onde coñeceu ao que sería seu amigo Matthias Jakob Schleiden e na que se doutorou en 1834. A súa tese de doutoramento versou sobre a respiración do embrión de polo.
En 1839 Schwann foi nomeado profesor de anatomía na Universidade Católica de Lovaina (Bélxica), onde permaneceu até 1848, cando aceptou unha cátedra na universidade de Liexa. Alí permaneceu até a súa xubilación, en 1880.
Despois de saír da influencia de Müller, a produtividade de Schwann practicamente cesou: en Bélxica fixo só unha publicación sobre o uso da bile. Era un excelente profesor, de conciencia, amado e apreciado polos seus alumnos.
O traballo de Schwann foi recoñecido finalmente polos científicos noutros países. En 1845 recibiu a Medalla Copley e, en 1879, foi nomeado membro da Royal Society, e tamén da Academia Francesa de Ciencias.
Schwann morreu o 11 de xaneiro de 1882, dous anos despois do seu retiro, en Colonia.
Na constitución da teoría celular colaboraron especialistas como Jan Evangelist Purkinje, Johannes Müller e, sobre todo, Schleiden e o propio Schwann.
Schleiden (1804 -1881), un botánico, estaba máis preocupado polo problema da fitoxénese. A tese que defendía, a existencia dunha coincidencia fundamental na estrutura e no crecemento dos animais e os vexetais foi ser obra de Schwann que, en 1839, expuxo os seus traballos e as súas ideas no libre Mikroskopische Untersuchungen....
Xurdiron, así, dúas novas disciplinas, a citoloxía ou estudo da célula en si mesma, e a histoloxía ou ciencia da estrutura celular dos tecidos.
Outros autores completaron máis tarde a teoría celular.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Theodor Schwann |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.