From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos sarcopterixios (Sarcopterygii), é unha clase,[3] ou superclase, segundo os autores,[1] de vertebrados gnatostomados que comprende unhas poucas especies actuais de peixes óseos coñecidos na bibliografía internacional como peixes de aletas carnosas ou peixes de aletas lobuladas.
Sarcopterixios Sarcopterygii Peixes de aletas carnosas Rango fósil: silúrico - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Latimeria chalumnae | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subclases [2] | |||||||||||||||||
|
Os peixes sarcopterixios posúen esqueleto óseo, teñen mandíbulas e dentes con esmalte. A pel está recuberta por escamas que, nas especies extintas, posuían unha capa de cosmina na superficie. Nas especies actuais a aleta caudal é dificerca: a columna vertebral chega ata o extremo da cola e a membrana desenvólvese simetricamente cara a arriba e cara a abaixo. As aletas son pares e posúen unha única peza esquelética basal, con raios dermais curtos.
As branquias están sostidas por arcos branquiais. O corazón ten un seo venoso, un cono arterioso e dous atrios, e presenta división parcial do ventrículo. A circulación presenta dous circuítos, pulmonar e sistémico, diferenciados. Os pulmóns utilízanse para respirar no caso dos dipnoos, pero non no caso do celacanto, no que cumpre a función dun órgano de flotación. O sistema nervioso posúe cerebro, cerebelo e lobos ópticos diferenciados.
A clase dos sarcopterixios foi descrita en 1955 (como superclase) polo paleontolólogo e zoólogo estadounidense Alfred Sherwood Romer, no seu traballo "Herpetichthyes, Amphibioidei, Choanichthyes or Sarcopterygii?". Nature 176: 126.[1]
O termo Sarcopterygii está formado polo elemento do latín científico sarco-, tirado do grego antigo σάρξ σαρκός sárx, sarkós, "carne", e a palabra grega πτέρυξ πτέρ υγος ptéryx, ptérygos "aleta", coa adición da desinencia -ii, indicando plural. Literalmente: "os de aletas de carne", aludindo á súa principal catacterística.
O carácter distintivo de posuíren aletas pares carnosas e lobuladas, que lembra as extremidades de tipo quiridio dos primeiros anfibios, e proba que os vertebrados terrestres descenden dos antigos peixes sarcopterixios. Esta relación de descendencia obriga, na sistemática cladística, a incluír os tetrápodos dentro dos Sarcopterygii, formando con eles un taxon monofilético (véxase filoxenia máis abaixo).
Na clasificación taxonómica clásica, a clase dos Sarcopterygii comprende tres subclases:
Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), a clase comprende as seguintes ordes:[4]
Clase Sarcopterygii
Na actualidade só sobreviven as seguintes especies de sarcopterixios:[5]
As relacións filoxenéticas dos sarcopterigios son as seguintes:[6][7]
Sarcopterygii |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.