xogador de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga de dianteiro centro no Celta de Vigo. É fillo do defensa Santiago Mina Vallespín, que xogou tamén no Celta durante a década de 1980.[1]
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1995 (28 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Santiago Mina |
Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e na tempada 2012/13 debutou co seu filial, o Celta de Vigo B, na Terceira División. Esa mesma tempada, o 18 de febreiro de 2013, debutou tamén co primeiro equipo en partido oficial, da man do adestrador Paco Herrera, nun encontro da Primeira División ante o Getafe, no que entrou na segunda parte substituíndo a Iago Aspas.[2] Contaba con tan só 17 anos, 2 meses e 9 días, sendo o terceiro futbolista máis novo en debutar co club, superado só en precocidade por Sansón e Iago Bouzón.[3]
Na seguinte tempada comezou a ter moita máis participación no primeiro equipo, que adestraba Luis Enrique. O 16 de setembro de 2013 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo en Primeira División no encontro ante o Athletic de Bilbao, que supuxo tamén a inauguración do novo estadio de San Mamés. Con este tanto bateu dous récords: o do xogador celeste e o do xogador galego máis novo en marcar en primeira división, con 17 anos e 280 días.[4] Rematou a tempada cun total de 31 partidos e 3 goles.
Comezou a tempada 2014/15 con pouco protagonismo no equipo, relegado á suplencia polo adestrador Eduardo Berizzo, pero co paso das xornadas acabou por facerse coa titularidade. O 11 de abril de 2015 no partido entre o Celta de Vigo e o Rayo Vallecano, marcou 4 goles, nun encontro en Balaídos que rematou cun 6-1 no marcador. Foi o primeiro futbolista céltico en conseguir catro goles nun partido de liga dende que o lograra Mori en 1979.[5]
A súa primeira etapa no Celta chegou ata 2015, e pechouna cun total de 56 partidos co primeiro equipo e 12 goles, 9 deles anotados na tempada 2014/15.
O 4 de xullo de 2015 fichou polo Valencia, co cal asinou un contrato até 2021, logo de que o club pagase a súa cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.[6] Na súa primeira campaña en Valencia debutou en competición europea, nun partido da Liga de Campións ante o Gent. Co equipo eliminado da máxima competición europea, en febreiro de 2016 xogou o seu primeiro partido na Europa League, nunha histórica goleada por 6-0 sobre o Rapid Viena, na que marcou dous goles.[7]
Na tempada 2018/19 marcou os seus dous únicos goles na Liga de Campións, ambos no mesmo partido ante o Young Boys suízo. Esa mesma campaña proclamouse campión da Copa do Rei, competición na que contribuíu con catro goles en cinco partidos.[8] Militou un total de catro tempadas no club valenciano, xogando un total de 150 partidos oficiais e conseguindo 42 goles,
En 2019, con 23 anos, regresou ao Celta de Vigo, dentro dunha operación pola que Maxi Gómez foi traspasado ao Valencia e Jorge Sáenz cedido ao Celta.[9] Titular habitual durante as seguintes tres campañas, foi sempre o segundo máximo anotador do equipo, por detrás de Iago Aspas.
En xuño de 2017 foi detido pola policía, despois de ser denunciado por agresión sexual a unha muller en Mojácar.[10] Xulgado pola Audiencia Provincial de Almería, en abril de 2022 foi condenado a catro anos de cárcere por abuso sexual e ao pago de 50.000 € de indemnización á vítima.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.