Sander
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sander (anteriormente chamado Stizostedion) é un xénero de peixes da familia dos pércidos. Teñen un aspecto intermedio entre as percas (coas que están estreitamente emparentados) e os lucios (da familia dos esócidos, cos que non están estreitamente emparentados).
Sander | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Sander vitreus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Sander lucioperca (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|

Etimoloxía
O seu nome procede da voz alemá zander (nome común da lucioperca).[1]
Descrición
- Corpo alongado con cabeza grosa e bicuda.
- Boca grosa con dentes caninos afiados.
- Preopérculo cunha beira posterior aserrada.
- de 43 a 48 vértebras.
- Dúas aletas dorsais separadas.
- Liña lateral estendida ata a aleta caudal.
- Vexiga natatoria ben desenvolvida.
- Raios da aleta anal feblemente osificados.[1]
Distribución xeográfica
É un xénero moi presente nas augas temperadas e frías do hemisferio norte, no que están incluídas tres especies de distribución eurasiática e dúas norteamericanas. A súa orixe parece ser europea, xa que se cre que unha emigración de poboacións desde Europa no Eoceno deu orixe ás especies norteamericanas.[1]
Observacións
Pola calidade da súa carne estes peixes son moi aprezados culinariamente e mesmo son criados en piscifactorías e granxas en Europa central e oriental. Non obstante, a súa introdución en ecosistemas para eles alleos causa grandes trastornos, xa que son depredadores voraces, como é o caso da lucioperca, considerada especie invasora na Península Ibérica.[1][2]
Especies
O xénero inclúe as seguintes 5 especies:
- Sander vitreus Mitchill, 1818
- Sander lucioperca Linnaeus, 1758 (lucioperca)
- Sander canadensis Griffith & Smith, 1834
- Sander marinus G. Cuvier, 1828
- Sander volgensis J. F. Gmelin, 1789 (lucioperca do Volga).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.