especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A saltasebes, nabo caíño ou nabo da noula[1] Bryonia dioica é unha planta rubideira da familia Cucurbitaceae (familia dos cogombros e melóns) que medra en Galiza.
Saltasebes | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
''Bryonia dioica Jacq. |
É unha planta rubideira, por medio dos gabiáns que xorden das axilas das súas follas, os cales lle permiten adherirse a outras plantas, árbores ou soportes podendo acadar os tres metros de altura. Posúe follas pentalobuladas e flores azuis ou abrancazadas. O froito é unha baga de cor vermella.
Mora nos bosques da Europa meridional e central, ademais do continente americano.
O seu zume aplicado externamente é rubefaciente e vesicante até producir ulceracións. Por vía gástrica produce vómitos, cólico e diarrea con evacuación de sangue, aínda a pequenas doses. A doses maiores, inflama os riles, produce vertixe e excitación nerviosa até producir a paralización do sistema nervioso central e a morte.
Os bolos tenros pódense comer, son estomacais. O froito é bo para a sarna aplicado en Faubert. Os froitos serven para depilar as peles (Teofrasto)
A raíz apáñase de outubro a novembro, hai quen a come, despois de tela cocido repetidas veces, cambiando a auga cada vez, pois nesta desbótanse os tóxicos, ou boa parte destes, de todos os xeitos, é mellor non utilizar esta planta, agás por prescrición facultativa, por mor á súa perigosidade. Utilízase nalgunhas fórmulas homeopáticas.
Os gromos tenros, previa eliminación dos gabiáns e as bagas verdes, son comestíbeis e teñen un sabor delicioso. Previa fritura, adóitanse facer con ovos revoltos ou en tortilla (como se fai coas espinacas, ou os allos tenros).
Principios activos: contén principios amargos: cucurbitacina D (triterpenoide). Saponósidos. Vesticiod de aceite esencial. Taninos. Fitosterois. Flavonoides. Alcaloides: brionicina. Outras fontes: Amidón, brirresina, fitosterina, brionina, azucre invertido, substancia amorfa, non determinada quimicamente, con propiedades purgantes.[2]
Indicacións: A cucurbitacina D é un purgante drástico, emético. A planta fresca ten unha acción rubefaciente e mesmo vesicante. Téñense usado lavativas de decocto da planta para as hemorroides. Tamén contra o reumatismo e a ciática.[2]
A raíz fresca e o zume, en uso tópico, producen un potente efecto rubefaciente, podendo provocar vesicación e incluso ulceracións cutáneas e necrose. Toda a planta é tóxica. A súa inxestión (6-8 froitos) causa irritación gastrointestinal, con vómitos, diarreas coleriformes, hemorraxias intestinais; nefrite. En doses altas pode producir a morte por colapso cardio-respiratorio.[2]
Bryonia dioica foi descrita por Nikolaus Joseph von Jacquin e publicado en Florae Austriaceae 2: 59–60, pl. 199. 1774.[3]
Saramago, samargo, saltasebes, salgueiriña, ouropés, nabo xairo, nabo fero, nabo do porco teixo, nabo de xerro, nabo de nouza, nabo de norza, nabo de noz, nabo da bouza, nabo da bouga, nabo da boudaña, nabo caíño, nabo caín, nabo bravo, nabo, labresto, labestro, enredadeira brava, beldro, amargo e aceda brava.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.