cantante galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Isabel Silva Granja, nada na Granxa (Boqueixón) o 10 de novembro de 1959, é unha cantante galega de música lixeira, coñecida como Sabela. Nas súas cancións emprega tanto o galego coma o castelán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Isabel Silva Granja 10 de novembro de 1959 (64 anos) Boqueixón, España |
Outros nomes | Sabela |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Aprendeu solfexo da man do seu tío, o crego párroco de Sergude, e despois seguiu estudando música na escola. Xa de rapaza tomou contacto coa canción lixeira como vocalista do grupo Sirius. Nese momento o compositor e produtor Manuel Muñiz fixouse nela ao saber que a rapaza cantaba algúns temas del popularizados por Ana Kiro e propúxolle iniciar carreira en solitario.[1]
O 25 de decembro de 1980 debutaba co nome artístico de Sabela na sala de festas Ordes 2000, de Ordes.[2] Cinco anos despois gravou o seu primeiro álbum, Homenaxe a Rosalía, que foi o primeiro dunha longa cadea de títulos que a sitúan como unha das artistas galegas máis editadas. Da man de Manuel Muñiz e tras a creación en 1985 da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, na segunda metade dos anos oitenta realizou gravacións, concertos, xiras internacionais polas comunidades galegas do exterior (Venezuela, Arxentina, Suíza, Inglaterra).[3] Entre os seus temas máis coñecidos atópanse "Lonxe de eiquí",[4] "Miña Galicia", "Galego mix", "Praia de Sanxenxo" ou "En galego moito mellor".[5]
Estivo en Barcelona onde gravou emas con Alejandro Abad ou Josep Llobell, con quen compuxo unha canción de referencia para ela Galicia Contigo.[1]
Na década de 1990 iniciou unha etapa na que se internou de cheo no pop con discos en castelán, sen deixar de cantar tamén en galego. Tivo unha gran presenza en programas musicais da Televisión de Galicia (Luar, Bamboleo) así como noutros espazos desta cadea. Seguiu por entón con actuacións á fronte de orquestras. En 2010 acompañou a orquestra asturiana Banda Sonora, pois por entón residiu en Navia, e froito desa colaboración gravou o disco La Capitana con temas como "Asturias Mix", no que recolle cancións tradicionais asturianas adaptándoas ó pop.[1]
Sabela é a vocalista galega que achegou os Galego Mix á música galega, adaptacións ó pop de temas tradicionais galegos, dos cales levou a cabo varios temas desde a década de 1990. Tamén é recoñecida por cancións á súa terra como "Miña Galicia", "Galicia Contigo" e "Hola Galicia".[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.