nome feminino From Wikipedia, the free encyclopedia
Sabela[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebreo Elisheva (אֱלִישֶׁבַע), composto por "el" 'Deus' e "xeba", o cal pode interpretarse como 'xuramento' ou 'sete', considerado o número perfecto. Xa que logo, podería significar 'Deus é o meu xuramento' ou 'Deus é perfección'. En galego tamén ten a variante Isabel,[3] e os hipocorísticos Sabel e Beluca.[2]
En xaneiro de 2023 existían 3.342 mulleres en Galicia co nome Sabela, cunha media de idade de 17,9 anos.[4]
Este conxunto de nomes é unha variante galega do nome hebreo Elisheba, pasando polo latín ("Elísabet") e o grego (Ἐλισάβετ; "Elisábet"), a través dos cales pasaron a outras linguas europeas.[5][6] O uso de Sabela como nome está vinculado á personaxe bíblica de Sabela, nai de Xoán Bautista.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.