misión do transbordador espacial Endeavour From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-88 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 4 de decembro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-88 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-88. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 4 de decembro de 1998, 8:35 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 11,80 días[6] |
Obxectivo da misión | Primeira misión de montaxe da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 15 de decembro de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-069A |
STS-88, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para unirse ao módulo base da Estación Espacial Internacional, Zarya, por primeira vez e acoplar o módulo Unity, tamén coñecido como Nodo 1. Unha vez unidos, Zarya e Unity formaron o núcleo arredor do cal se construiría o resto da estación. Ao final da súa misión o transbordador soltou os satélites MightySat-1 e SAC-A. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto Frederick W. Sturckow e os especialistas de misión Nancy J. Currie, Jerry L. Ross, James H. Newman e Sergei K. Krikalev.[3][5][6][7]
O transbordador permaneceu 12 días no espazo, levándose a cabo tres actividades extravehiculares para cablear e instalar diferentes elementos. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 15 de decembro de 1998.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.