From Wikipedia, the free encyclopedia
MightySat-1 foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 15 de decembro de 1998 desde o transbordador espacial Endeavour na misión STS-88.[1][3]
MightySat-1 | |
---|---|
MightySat-1 no espazo. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico. |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos[1] |
Data de lanzamento | 15 de decembro de 1998[2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial Endeavour[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[3][5] |
Decaemento | 21 de novembro de 1999[2] |
NSSDC ID | 1998-069C |
Masa | 320 kg[1][3][5] |
MightySat-1 foi un satélite adicado á experimentación no espazo que foi exectado desde o transbordador Endeavour o 15 de decembro de 1998, no duodécimo día de voo da misión STS-88, a unha órbita de 380 km de perixeo e 394 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 51,7 graos e un período orbital de 92,3 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]
O satélite usou o bus do satélite da NASA XSAT, cancelado no seu momento. Non era recuperable e reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1999.[2]
MightySat-1 levaba cinco experimentos a bordo:[1][3][5]
A súa misión foi continuada por MightySat-2.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.