From Wikipedia, the free encyclopedia
A Síndrome de Alicia no país das marabillas foi documentada por vez primeira en 1952 por C. W. Lippman aínda que non foi bautizada con tal nome ata 1955, polo psiquiatra inglés John Todd, en referencia ao popular conto de Lewis Carroll[1][2], Alicia no país das marabillas.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Trátase dun trastorno de tipo neurolóxico que se caracteriza por provocar a alteración da percepción visual da forma, tamaño e situación espacial dos obxectos, así coma a distorsión da imaxe corporal e do transcurso do tempo. Poden orixinarse tamén outras ilusións visuais coma a palinopsia (imaxes múltiples), a acromatopsia (falta de percepción da cor) e a prosopagnosia (incapacidade para recoñecer caras)[3].
A síndrome está asociada xeralmente a episodios de xaqueca pero tamén pode estar relacionada coa epilepsia, con aneurismas cerebrais, con intoxicacións por drogas alucinóxenas e con diversas infeccións víricas, coma é o caso do virus de Epstein-Barr[1]. No tocante á migraña, a síndrome maniféstase normalmente coma unha aura típica sen cefalea[4] en forma de ataques que duran entre 5 e 60 minutos (con efectos reversibles) aínda que en ocasións se experimenta unha aura típica seguida de cefalea. Os afectados teñen en todo momento consciencia de que a súa percepción do contorno é ilusoria. Esta síndrome afecta máis frecuentemente aos nenos[5].
Aínda que as probas realizadas a persoas que sofren a síndrome non evidencian ningunha área cerebral afectada, durante diversos episodios observáronse zonas con rego sanguíneo diminuído nas proximidades do nervio óptico e da área cerebral asociada, o que explicaría as alteracións visuais dos afectados.
As ilusións experimentadas durante este tipo de episodios son moi semellantes ás descritas por Lewis Carroll no seu conto, polo que se sospeita que el mesmo puido padecer esta síndrome, xa que tamén sufría migraña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.