Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Godavari é un dos principais ríos da India; o terceiro en importancia despois do Ganxes e o Indo, con 1.465 km de lonxitude desde as súas fontes até a desembocadura no océano Índico.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Orissa, India, Andra Pradex, India, Maharashtra, India, Chhattisgarh, India e Telangana, India | ||||
Final | |||||
Localización | Golfo de Bengala | ||||
| |||||
Afluentes | Indravati River (en) , Kadam river (en) , Pranhita River (en) , Sabari River (en) , Manjira River (en) , Maner River (en) , Kinnerasani River (en) , Pravara River (en) , Sindphana River (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.465 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 313.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 3.061,18 m³/s | ||||
O Godavari nace en Trimbakeshwar, nas proximidades das cidades de Nashik e Mumbai e moi preto da ex-colonia portuguesa de Damâo, no estado de Maharashtra, a tan só uns 80 km de distancia do Mar Arábigo, de xeito que semella partir a India de mar a mar. De primeiras corre atravesando o centro da India no estado de Andhra Pradesh. Cerca de Rajamandri, a 80 km de dsitancia da costa, o Godavari divídese en dous ramais, comezando a formar un inmenso delta, que acaba por render as súas augas no golfo de Bengala.
Destacan, en orde desde a fonte á foz:
A súa conca cobre unha área de 313.000 km², estendéndose por oito estados indios.
O Godavari é un río de réxime pluvial, de modo que o seu leito está cheo de auga durante o monzón, entanto na estación seca pode levar moi pouca auga.
Destacan as seguintes cidades:
Trimbakeshwar, Nashik, Nanded no estado de Maharashtra,
Bhadrachalam, Rajamandri, Kovvur en Andhra Pradesh.
Como é o caso doutros ríos indios, as súas orelas son frecuentadas por peregrinos, pois o Godavari é un dos sete río sagrados da India.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Godavari |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.