escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosa Chacel Arimón, nada en Valladolid o 3 de xuño de 1898 e finada en Madrid o 27 de xullo de 1994[1], foi unha prolífica escritora en lingua castelá.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rosa Clotilde Cecilia María del Carmen Chacel y Arimón 3 de xuño de 1898 Valladolid, España |
Morte | 27 de xullo de 1994 (96 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Panteón de Hijos Vallisoletanos Ilustres (en) |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e tradución |
Ocupación | escritora, tradutora, poetisa |
Xénero artístico | Novela e poesía |
Movemento | Las Sinsombrero (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Timoteo Pérez Rubio |
Parentes | José Zorrilla, tio-avô |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.90–91) >>>:Chacel, Rosa |
Con 9 anos Chacel foi vivir coa súa avoa materna a Madrid, no barrio de Marabillas que anos despois glosará na súa obra homónima. A súa nai, mestra, duelle a formación elemental na casa, por mor da delicada saúde da nena. Chacel estudou debuxo con Fernanda Francés na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e na Escola do Fogar e Profesional da Muller e ingresou máis tarde na Escola de Belas Artes de San Fernando, que deixou en 1918. Nese momento comezou a vincularse coa bohemia literaria dos cafés madrileños: Granja del Henar e a Botillería de Pombo, así como co Ateneo de Madrid.
Casou en 1921 co pintor Timoteo Pérez Rubio, con quen tivo un fillo, Carlos. Entre 1922 e 1927 o matrimonio residiu en Italia, grazas a unha bolsa obtida polo seu marido na «Academia de España» de Roma. En 1933 pasará seis meses soa en Berlín, superando a crise creativa creada pola morte da súa nai.
Nestes anos formativos recibiu a influencia de Proust, Joyce, Freud e Nietzsche.[Cómpre referencia] Entra por outra banda no círculo de Ortega y Gasset, e publica na Revista de Occidente dous relatos (Chinina Migone, de 1928, e Juego de las dos esquinas, de 1929) amais do ensaio Esquema de los problemas culturales y prácticos del amor (1931). Escritos seus aparecen tamén en La Gaceta Literaria.
Ao estalar a Guerra Civil Española, Pérez Rubio alístase e Chacel asina o Manifesto dos intelectuais antifascistas, colabora coa prensa republicana e traballa como enfermeira. O agravamento da situación militar fai que se decida o envío ao exterior das obras do Museo do Prado, responsabilidade que se encarga a Pérez Rubio. Chacel e o seu fillo parten a Barcelona, Valencia e máis tarde a Francia, cunha breve estadía en Grecia, onde son hospedados por Nikos Kazantzakis.
Tras a caída da República, reúnese a familia, e trasládase ao Brasil, con breves estadías en Buenos Aires. O seu exilio resulta pouco prolífico no narrativo, mais a situación económica da familia é comprometida.
Reside en Nova York cunha bolsa Guggenheim (1959-1961). A mellora financeira permítelle volver a España, onde permanece até 1963. Unha segunda viaxe de promoción literaria ten lugar en 1970. Instálase definitivamente en España en 1973 cunha bolsa da Fundación March para terminar Barrio de Marabillas, aínda que viaxa periodicamente a Río de Xaneiro, e radicase definitivamente tras a morte de Pérez Rubio en 1977. Esta última etapa é a máis fecunda desde o punto de vista literario.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.