Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Ronald Ellwin Evans Jr., nado en St. Francis (Kansas) o 10 de novembro de 1933 e finado o 6 de abril de 1990 en Scottsdale (Arizona), foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 17. Pasou un total de 12,58 días no espazo.[1][2]
Nome orixinal | (en) Ron Evans |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de novembro de 1933 St. Francis, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 7 de abril de 1990 (56 anos) Scottsdale, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Arizona |
Educación | Universidade de Kansas Naval Postgraduate School (pt) Academia Naval dos Estados Unidos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, aviador, enxeñeiro, oficial, Enxeñeiro de aviación |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | Capitão de Primeira Classe (pt) |
Conflito | Guerra do Vietnam |
Tempo no espazo | 12 días, 13 horas e 52 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Evans graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade de Kansas en 1956, e era máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964.[1][2]
Evans foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en 1966, cando esta llo notificou estaba de servizo no Pacífico, a bordo do portaaeronaves USS Ticonderoga. Evans formou parte das tripulacións de apoio das misións Apollo 7 e Apollo 11 e foi reserva do piloto do módulo de mando para o Apollo 14. Finalmento voou como piloto do módulo de mando na misión Apollo 17, que engalou o 6 de decembro de 1972 e rematou o 19 de decembro. Posteriormente foi piloto de reserva para a misión ASTP.[1][2]
Evans retirouse da NASA en marzo de 1977 para traballar como executivo na industria do carbón. Faleceu o 7 de abril de 1990.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.