xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rogelio Lois Estévez, nado en Pontevedra o 12 de marzo de 1842 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1905,[1] foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1842 Pontevedra, España |
Morte | 11 de outubro de 1905 (63 anos) Pontevedra, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Alfonso Lois Sancho |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Lois Estevez (Rogelio), p.228) |
Oficial primeiro do concello de Pontevedra. Colaborou en La Opinión, El Diario, Galicia Cómica, El Ángel del Hogar e dirixiu a segunda etapa de O Galiciano, que reapareceu en novembro de 1888. Creou en xullo de 1890 a Asociación protectora de la clase obrera, unha sociedade protectora dos traballadores que tiña como órgano de prensa El Obrero. Foi o iniciador da campaña para a conservación das ruínas de San Domingos. Escribiu poesía en galego e castelán e algunhas obriñas de teatro como Trabajo fustrado, Antaño y hogano, Un diputado modelo, Los hijos de Minerva, Portales vigueses (apropósito estreado en Vigo en 1904) e A Cuba (cadro en verso estreado en Pontevedra en 1928).[2]
Casou con Luisa Sancho Varela-Seijas e foi pai de Alfonso Lois Sancho.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.