From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Melancton Metcalfe, nado Brooklyn (Nova York) o 7 de abril de 1946,[1] é un enxeñeiro eléctrico e empresario estadounidense, pioneiro na creación de Internet en 1970. Coinventou Ethernet, cofundou 3Com e formulou a lei de Metcalfe, que describe o efecto dunha rede de telecomunicacións. En xaneiro de 2011 foi nomeado profesor de innovación e emprendemento na Universidade de Texas en Austin.[2]
Dende pequeno tivo un grande interese pola tecnoloxía, que logo o desenvolveu o estándar de rede máis popular do mundo, Ethernet, é á invención da wifi. Tamén fundou a empresa 3Com e formulou a lei de Metcalfe.
Metcalfe fixo os seus estudos de grao no MIT, onde se graduou en 1969 cos títulos de bacharel en enxeñaría eléctrica e de administración de negocios, este último pola Sloan School of Management do MIT. Só un ano despois, obtivo o mestrado en matemáticas aplicadas na Universidade Harvard, para rematar os seus estudos en 1978 cun doutoramento en ciencias da computación cunha tese sobre conmutación de paquetes escrita mentres traballaba no proxecto MAC do MIT.[3]
Mentres finalizaba o doutoramento, en 1972, Metcalfe comezou a traballar para Xerox no centro de desenvolvemento de Palo Alto (Xerox PARC), onde coñeceu a D. R. Boggs. Metcalfe e Boggs inventaron o que se coñeceu como Ethernet, a tecnoloxía de área local que se emprega para conectar millóns de computadoras en todo o mundo. Metcalfe identificou o 22 de maio de 1973 como o día do nacemento de Ethernet, mentres que Broggs identifica o 11 de novembro do mesmo ano como o día en que o sistema realmente funcionou.[4]
En 1979, Metcalfe abandonou Xerox para fundar 3Com[5] en Santa Clara (California). Dende 3Com, Metcalfe traballou para promover a conectividade entre computadores persoais empregando a tecnoloxía Ethernet. A pesar de non lograr a participación de IBM, Metcalfe logrou o apoio de DEC, Xerox e Intel, e logrou impor Ethernet como o estándar máis popular en conectividade de redes LAN.
En 1980 recibiu o Premio Grace Murray Hopper da Association for Computing Machinery polo seu traballo no desenvolvemento de redes locais, especificamente Ethernet.
En 1990 abandonou 3Com tras unha disputa coa xunta directiva. Nese tempo logrou que a súa empresa se convertese nunha das que aparece na listaxe de Fortune 500 e un referente na área de conectividade. Metcalfe continúa ligado ao mercado informático, tanto cose seus artigos como coas súas charlas, sobre todo para Pop!Tech, unha conferencia executiva de tecnoloxía cofundada por el en 1997.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.