From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Steven Valenzuela, nado en Pacoima, Os Ánxeles, o 13 de maio de 1941 e finado en Clear Lake, Iowa, o 3 de febreiro de 1959, foi un cantante, compositor e guitarrista estadounidense coñecido como Ritchie Valens. Pioneiro do rock and roll e predecesor do movemento do rock chicago, Valens faleceu nun accidente aéreo oito meses despois de iniciar as súas gravacións.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Richard Steven Valenzuela Reyes 13 de maio de 1941 Pacoima, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de febreiro de 1959 (17 anos) Clear Lake, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Lugar de sepultura | Cemitério San Fernando Mission (pt) |
Outros nomes | Ritchie Valens Richard Valenzuela Ricky Ricardo Little Richard |
Relixión | Catolicismo |
Educación | San Fernando High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositor, cantautor, compositor de cancións |
Período de actividade | 1957 - |
Xénero artístico | Rock and roll e Chicano rock (en) |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Del-Fi |
Cronoloxía | |
3 de febreiro de 1959 | The Day the Music Died (pt) |
Premios | |
Páxina web | ritchievalens.com |
|
Valens tivo varios éxitos, especialmente "La Bamba", que adaptou dunha canción folclórica mexicana, transformándoa nunha canción con ritmo de rock que se converteu nun éxito en 1958,[2][3] o que converteu a Valens nun pioneiso do rock en castelán.
Ritchie Valens naceu en Pacoima, distrito do condado dos Ánxeles (California), en 1941. Os seus pais, José Esteban Valenzuela (1896–1952) e Concepción Reyes (1915–1987),[4][5] eran de México. Foi o segundo de cinco fillos, o máis velo Bob Morales e os máis novos Connie, Irma e Mario Ramirez.
Medrou escoitando música mariachi tradicional mexicana, así como a guitarra flamenca,[6] rhythm and blues e blues.
Valens expresou interese en facer a súa propia música aos cinco anos. O seu pai foi quen o alentou a que aprendese a tocar a guitarra e a trompeta, e posteriormente fixo o mesmo de xeito autodidacta coa batería. Aínda que Valens era manicho, estaba arelaba tanto aprender a tocar a guitarra que dominou a versión destra do instrumento. No tempo en que asistiu ao Pacoima Junior High School, o seu dominio da guitarra era tal que levaba o instrumento á escola e cantaba para os seus compañeiros nas bancadas.[7]
Cando tiña dezaseis anos, Valens foi convidado a unirse como guitarrista a unha banda local chamada The Silhouettes. Cando o cantante principal abandonou o grupo, Valens asumiu o posto e o 19 de outubro de 1957 debutou con eles. Ademais de actuar con The Silhouettes, tocaba como solista en festas e outras reunións.[8]
En maio de 1958, foi descuberto por Bob Keane, propietario e presidente da compañía Del-Fi Records, unha pequena discográfica de Hollywood. Chegáralles a información dun novo talento de só dezaseis anos do Val de San Fernando que era alcumado o "Little Richard da rexión". Un sábado pola mañá, Keane viu por primeira vez unha actuación de Valens nun local de cinema de San Fernando. Impresionado, decidiu convidalo á súa casa de Silver Lake, onde Keane tiña un pequeno estudio de gravación no soto. O equipo constaba dun antigo gravador portátil Ampex 6012 de dúas canles e un par de micrófonos Telefunken U-87.
Gravaron varias cancións, en que Valens tocou e cantou, que logo regravaron nos estudios Gold Star. Algunhas desas maquetas foron rescatadas para o disco Ritchie Valens — The Lost Tapes. Dese día son dúas cancións que logo foron melloradas en Gold Star engadíndolles outros instrumentos; unha delas foi "Donna" (que cantara por primeira vez nun teléfono público, dedicándolla á súa moza Donna Ludwig[9]), e a outra a instrumental "Ritchie's Blues", que executaba nunha parte empregando un lapis.
Despois de varias sesións no seu estudio privado, de escribir letras e arranxar cancións, Keane considerou a Valens preparado para gravar nun estudio cunha banda que o acompañase. Por suxestión de Keane, cambiou o seu nome polo de "Ritchie" e adoptou o apelido "Valens" en lugar de Valenzuela, para causar mellor efecto perante o público de lingua inglesa.[10] As primeiras cancións que gravou, unha tarde de xullo de 1958, foron "Come On, Let's Go", acreditada a Valens/Kuhn (nome real de Keane) e "Framed", acreditada a Jerry Leiber e Mike Stoller.
O seguinte disco que gravou foi o derradeiro da súa vida, o dobre sinxelo que incluía "Donna" e "La bamba".
A comezos de 1959, Valens participaba na chamada "Winter Dance Party", unha xira de grandes estrelas do rock and roll polo centro dos Estados Unidos. No medio da xira, a calefacción do autobús en que viaxaban os artistas estradouse, e a mala organización da xira non previra algo así e non contratara ninguén que fose quen de amañala. Para evitar unha noite máis de viaxe nesas condicións, Buddy Holly, outra das estrelas da xira, tivo a idea de alugar unha avioneta para catro persoas despois do seu concerto no Surf Ballroom de Clear Lake, Iowa, para chegar cunto antes a un hotel para descansar comodamente. Á parte de Holly había sitio para outros dous músicos máis, entre eles Valens, que lle gañara o posto a cara ou cruz a outro artista, Tommy Allsup. Valens tiña quince anos cando se produciu a colisión aérea de Pacoima no patio do seu instituto. El non estaba ese día en clase porque era o funeral do seu avó,[11][12] mais pesadelos recorrentes da traxedia provocáranlle medo a voar.[13]
A avioneta era unha Beechcraft Bonanza pilotada por un mozo con pouca esperiencia, e partiu na madrugada do 3 de febreiro de 1959 en medio dunha gran nevarada. Pénsase que o piloto non tiña coñecementos suficientes e desconcertado pola neve que cubría todo, equivocaríase ao ler os instrumentos, único xeito de voar entre nubes e campos absolutamente brancos. Por iso, en lugar de subir a avioneta baixou e estrelouse a oito quilómetros do lugar de engalaxe, nun campo próximo ao aeroporto. Non houbo superviventes.[14]
Ritchie Valens foi enterrado no San Fernando Mission Cemetery de Mission Hills, California.
Ritchie obtivo de forma póstuma unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1990,[15] e en 2001 foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame. O seu traballo pioneiro tamén é lembrado no Rockabilly Hall of Fame.
En 1987 estreouse o filme A bamba, que narraba a súa vida. O actor Lou Diamond Phillips interpreou a Valens, mentres que o grupo Los Lobos se encargou da banda sonora.
En 1988, Ken Paquette, artista e admirador da música dos anos cincuenta, erixiu un monumento no campo onde se estrelou o avión. A escultura de aceiro representa unha guitarra e tres dicos cos nomes dos artistas que faleceron no accidente. Localízase nun sector privado, no 315th Streety Gull Avenue, aproximadamente a 13 km ao norte de Clear Lake. Tamén ser realizou outros segundo monumento en Riverside Ballroom en Green Bay, Wisconsin, inaugurado o 17 de xullo de 2003.[16]
En 2019, a vesión de Valens de "La Bamba" foi seleccionada pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos para a súa conservación no National Recording Registry como "cultural, histórica e esteticamente significativa".[17][18] Ironicamente, a familia Valenzuela só falaba na casa en inglés, e Valens aprendeu a letra foneticamente para gravar "La Bamba" en castelán.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.