Rinoceronte da India
From Wikipedia, the free encyclopedia
O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai do Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.[1]
Rinoceronte da India | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Rhinoceros unicornis no Parque Nacional de Kaziranga | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Rhinoceros unicornis' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
![]() Distribución do Rinoceronte da India |
O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.[2]
É o quinto meirande animal terrestre.
Poboación

En 2007, o número total de exemplares era de 2.575, dos cales 2.200 vivían en áreas protexidas da India:[3]
- no Parque Nacional de Kaziranga: 2,048 (2009 estimado)— incrementouse dos 366 en 1966
- no Parque Nacional de Jaldapara: 108 — incrementouse dos 84 en 2002
- no Santuario da Vida Salvaxe Pobitora: 81 — incrementouse dos 54 en 1987
- no Parque Nacional de Orang: 68 — incrementouse dos 35 en 1972
- no Parque Nacional de Gorumara: 27 — incrementouse dos 22 en 2002
- no Parque Nacional de Dudhwa: 21
- no Parque Nacional de Manas: 19
- no Santuario da Vida Salvaxe Katarniaghat: 2
Santuario da Vida Salvaxe Pobitora rexistra a maior taxa de densidade de rinocerontes da India no mundo — con 84 exemplares en 2009 nunha área de 38,80 km².
A poboación no Nepal medrou dos 99 individuos de 2008 ós 503 de 2011. De todos eles, 145 eran machos, 183 femias e 175 de xénero sen identificar; 332 eran adultos, 111 crías e 60 de idade intermedia.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.