Rima
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rima, en poesía, é o feito da concordancia total ou parcial dos fonemas dunha ou máis palabras a partir da última vogal acentuada. Isto produce unha igualdade total ou parcial de certos sons entre dous ou máis versos.[1]
Tipos de rima
Hai dúas clases de rimas:
- A rima consonante ou total dáse cando a partir da última vogal tónica de cada verso son iguais os sons vocálicos e consonánticos.
- Mais dorme, Rosalía, mentras tanto
- N-as almas mingoa a fe y-a duda medra
- ¡Quén sabe si d'este recinto santo
- Non quedará maña pedra con pedra!
- — Manuel Curros Enríquez, "N-a tumba de Rosalía".[2]
- A rima asonante ou parcial dáse cando a partir da última vogal tónica son iguais soamente os sons vocálicos.
- Nasin cand' as prantas nasen,
- No mes das froles nasin,
- Nunh' alborada mainíña,
- Nunh' alborada d' abril.
- — Rosalía de Castro, Cantares gallegos.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.