A dos ricinuleos (Ricinulei) é unha orde de arácnidos, que foi considerado durante moito tempo como un dos grupos de invertebrados máis escasos.

Máis información RicinuleosRicinulei Rango fósil: carbonífero - actualidade, Clasificación científica ...
Ricinuleos
Ricinulei

Rango fósil: carbonífero - actualidade

Cryptocellus goodnighti
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Ricinulei
Thorell, 1876
Familia: Ricinoididae
Ewing, 1929
Xéneros
  • Cryptocellus
  • Pseudocellus
  • Ricinoides
Pechar

Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.[1]

Distribución

Porén, agora sábese que os ricinuleos son localmente abundantes en determinadas rexións, como no norte de América do Sur.

En decembro de 2011, describíranse 58 especies, todas elas pertencentes á familia dos Ricinoididae,[2] única con espécimes actuamente viventes, 16 das cales se encontran en Suramérica, nas zonas máis próximas ao ecuador).

A maior diversidade para este subcontinente está en Colombia e o Brasil, con catro especies en cada un destes países.

Historia natural

Os ricinuleos son depredadores de pequenos artrópodos. Sábese pouco sobre os seus hábitos reprodutivos, pero observouse aos machos transferir un espermatóforo á femia usando o seu terceiro par de patas, modificado para tal efecto. Os ovos son transportados pola nai até que eclosionan as larvas, provistas de seis patas, que logo mudan transformándose en adultos de oito patas. Os ácaros tamén teñen larvas de seis patas.

Os Riricinlei viven tipicamente entre a follaxe caída no chan das selvas tropicais chuviosas, ou en covas onde a humidade é elevada, xa que a necesitan para sobreviviren.

Taxonomía

Descrición

A orde foi descrita en 1876 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell, na súa obra:

Thorel,T. T. (1876): "Sopra alcuni Opilioni (Phalangidea) d'Europa e dell'Asia occidentale, con un quadro dei generi europei di quest'ordine". Annali del Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, vol. 8, pp. 452-508. Ler en liña.

Etimoloxía

O termo do latín científico Ricinulei é o diminutivo plural do latín ricinus 'carracha', debido á semellanza con estes outrois arácnidos, pero de menor tamaño ca eles.[3]

Clasificación

A clase comprende unha soa familia actual, a dos ricinóididos (Ricinoididae) con tres xéneros, e dúas familias extintas, as dos Poliocheridae e os Curculioididae.[4][5]

Segundo o ITIS e J. Hallan (2005),[6] a clasificación actual da orde é a seguinte:

Orde Ricinulei Thorell, 1876 [7]

Suborde Neoricinulei Selden, 1992 [8]
  • Superfamilia Ricinoidoidea Ewing, 1929 [9]
    • Familia Ricinoididae Ewing, 1929 [10]
      • Xénero Cryptocellus Westwood, 1874
      • Xénero Pseudocellus Platnick, 1980
      • Xénero Ricinoides Ewing, 1929

Filoxenia

Segundo Giribet et al. (2002), as relacións filoxenéticas dos Ricinulei son as seguintes:[11]

Acari

Palpigradi

Pycnogonida

Trigonotarbida

Ricinulei

Araneae

Amblypygi

Uropygi

Schizomida

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.