Richard William Farnsworth, nado nos Ánxeles o 1 de setembro de 1920 e finado en Lincoln, Novo México, o 6 de outubro de 2000 foi un actor e dobre de acción estadounidense. Foi candidato aos Óscar en dúas ocasións, por Comes a Horseman (1978) e por Unha historia verdadeira (2000), sendo o candidato ao mellor actor de máis idade nese momento.[1][2] Farnsworth tamén é coñecido polas súas interpretacións en The Grey Fox (1982), pola que foi candidato ao Globo de Ouro, Anne of Green Gables (1985), Sylvester (1985) e Misery (1990).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Richard William Farnsworth 1 de setembro de 1920 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 6 de outubro de 2000 (80 anos) Lincoln, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de cinema, especialista de cinema |
Período de actividade | 1937 - 1999 |
Premios | |
|
Traxectoria
Farnsworth naceu en 1920 nos Ánxeles, California. A súa nai traballaba na casa e o seu pai era enxeñeiro.[3]
Farnsworth foi gradualmente entrando na interpretación en filmes de western. Fixo aparicións sen acreditar en numerosos filmes, incluídos Foise co vento (1939), Río vermello (1948), The Wild One (1953) e Os dez mandamentos (1956). En 1960, acreditado como Dick Farnsworth, apareceu como empregado do rancho Gault no capítulo "Street of Hate" da serie de televisión Laramie.
O seu primeiro papel acreditado no cinema foi 1963 e continuou a actuar en filmes e programas de televisión do xénero do western. Tivo un papel en Roots (1977) e coprotagonizou con Wilford Brimley The Boys of Twilight (1992). O seu papel revelación foi o do ladrón de dilixencias Bill Miner no filme canadense de 1982 The Grey Fox. Interpretou un adestrador de béisbol en The Natural (1984). En 1985 foi o irmán de Marilla e figura paterna de Anne en Anne of Green Gables e interpretou un vaqueiro sabio de voz suave que adestraba cabalos para Melissa Gilbert en Sylvester.[4] Outros papeis salientables foron un rico e desapiadao petroleiro en The Two Jakes (1990) o xerife de Misery (1990).
Vida persoal
Farnsworth tivo un longo matrimonio do que naceron dous fillos. Tras enviuvar, viviu nun rancho en Lincoln, Novo México.[5]
A noite do 6 de outubro de 2000, enfermo dun cancro terminal que o deixara parcialmente paralizado e con grandes dores, Farnsworth faleceu por unha ferida de bala autoinflinxida no seu rancho de Lincoln.[6]
Filmografía
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1937 | A Day at the Races | Jockey | Sen acreditar |
1938 | The Adventures of Marco Polo | Mongol Warrior | |
1939 | Gunga Din | Bit Part | |
Foise co vento | Soldier | ||
1943 | This Is the Army | Soldier | |
1948 | Río vermello | Dunston Rider | |
The Paleface | papel menor | ||
1949 | Mighty Joe Young | Cowboy | |
1950 | The Flame and the Arrow | Outlaw | |
1953 | Arena | Cowboy | |
Arrowhead | Cavalryman | ||
The Wild One | descoñecido | ||
1954 | The Violent Men | Anchor Rider | |
1955 | A Lawless Street | Townsman | |
1956 | Os dez mandamentos | Chariot Driver | |
1957 | The Tin Star | descoñecido | |
The Hard Man | Posse Man | ||
1960 | Spartacus | Salt Mine Slave / Gladiator / Slave General | |
1963 | The Jolly Genie | Thug | Short film |
1966 | Duel at Diablo | Wagon Driver #1 | Sen acreditar |
Texas Across the River | Medicine Man | ||
1968 | O asexar da lúa | descoñecido | Sen acreditar |
1970 | Monte Walsh | Cowboy | |
1971 | Skin Game | Man In Saloon Fight | Sen acreditar |
1972 | The Cowboys | Henry Williams | |
Pocket Money | Man | Sen acreditar | |
Ulzana's Raid | Trooper | ||
The Life and Times of Judge Roy Bean | Outlaw | ||
1973 | The Soul of Nigger Charley | ||
Papillon | Manhunter #1 | Sen acreditar | |
1974 | Blazing Saddles | Sheriff | |
1975 | The Apple Dumpling Gang | Mover | |
1976 | The Duchess and the Dirtwater Fox | Stagecoach Driver | |
O fóra da lei | Comanchero | Sen acreditar | |
1977 | Another Man, Another Chance | Stagecoach Driver | |
1978 | Comes a Horseman | Dodger | |
1980 | Tom Horn | John C. Coble | |
Ruckus | Sheriff Jethro Pough | ||
Resurrection | Esco | ||
1981 | The Legend of the Lone Ranger | 'Wild Bill' Hickok | |
1982 | The Grey Fox | Bill Miner | |
Waltz Across Texas | Frank Walker | ||
1983 | Independence Day | Evan | |
1984 | O mellor | 'Red' Blow | |
Rhinestone | Noah Farris | ||
1985 | Into the Night | Jack Caper | |
Sylvester | Foster | ||
Space Rage | Colonel | ||
1988 | The River Pirates | Percy | |
1990 | The Two Jakes | Earl Rawley | |
Misery | Sheriff Buster | ||
Havana | Professor | ||
1991 | Highway to Hell | Sam | |
1994 | The Getaway | 'Slim' | |
Lassie | Len Collins | ||
1999 | Unha historia verdadeira | Alvin Straight |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.