rei de Gwynedd From Wikipedia, the free encyclopedia
Rhodri Molwynog ("Rhodri o calvo e gris"; morto c. 754), tamén coñecido como Rhodri ap Idwal ("Rhodri fillo de Idwal") foi rei de Gwynedd no século VIII. Está listado como Rei dos Britanos polos Anais de Gales.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | p. 690 Reino de Gwynedd |
Morte | p. 754 (63/64 anos) |
Reino de Gwynedd | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Hywel ap Rhodri Molwynog, Cynan Dindaethwy |
Pai | Idwal Iwrch |
Esta era na historia de Gwynedd é moi escura e, dado a carencia da información fiable dispoñible, varias historias serias sobre o Gales medieval non mencionan a Rhodri en absoluto, mentres outras menciónao só de paso, citando a entrada non datada dos Anais de Gales que rexistra a súa morte.[1][2][3] A reconstrución de Phillimore sitúa esta entrada no ano 754. Os anais non mencionan a morte dun rei anterior nun marco de tempo razoable, así que a data da súa coroación non é coñecida, nin o nome do seu predecesor.
Rhodri tamén aparece en xenealoxías como as do Jesus College MS 20 (onde está descrito como o fillo de Idwal Iwrch fillo de Cadwaladr Fendigiad[4]) e as Harleian genealogies (onde está descrito como o fillo de Tutgual fillo de Cadwaladr).[5] Porén, queda pouco claro até que punto as xenealoxías recollían a liñaxe das dinastías de Cunedda, independentemente de se os seus membros gobernaban ou recollían os gobernantes sen ter en conta se pertencían ou non a póla principal da dinastía.
Os Anais de Gales mencionan unha guerra en Cornualla ó redor do ano 722 sen dar os nomes dos individuos implicados.[6] O Brut y Saeson di que en 721 houbo unha guerra extensa entre Rhodri Molwynawg e os saxóns en Cornualla".[7] O Brut Aberpergwm tamén rexistra este acontecemento pero, mentres foi aceptado por unha época polos editores do Myvyrian Archaiology, Thomas Stephens demostrou que se trataría dunha máis das moitas falsificacións de Iolo Morganwg.[8]
O Rotri mencionado nos Anais ás veces foi erroneamente identificado como gobernante de Alt Clut (moderno Dumbarton Rock), o reino britano posteriormente coñecido como Strathclyde.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.