Annales Cambriae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Annales Cambriae ou Os Anais de Gales é o nome que se lle outorga a un conxunto de crónicas cambro-latinas procedentes dun texto compilado de diversas fontes en St David's, Dyfed (Gales), nunha data incerta, aínda que anterior ao século X. malia o seu nome, os Annales Cambriae rexistra non só eventos en Gales, senón tamén sucesos en Irlanda, Cornualla, Inglaterra, Escocia e ás veces en lugares máis afastados.
Annales Cambriae | |
---|---|
[Descrición da imaxe, se se engade unha] | |
Título orixinal | Annales Cambriae |
Orixe | Gales |
Lingua | Latín medieval |
Tema(s) | Gales |
Xénero(s) | Crónica |
Editorial | [Depende da edición; orixinalmente non tiña editorial específica] |
Data de pub. | Escrita entre os séculos X e XIII |
Formato | Manuscrito |
Páxinas | Varía segundo a versión do manuscrito |
[ editar datos en Wikidata ] |
Existen catro versións principais dos Annales Cambriae:
A a súa orixe dátase en torno a 1200. Inseriuse sen título no interior dun manuscrito da Historia Brittonum onde está inmediatamente seguido por unha árbore xenealóxica de Owain ap Hywel (falecido en 988). Se ben o manuscrito non dá unha cronoloxía explícita, os seus anais parecen transcorrer entre o 445 e o 977, cunha última entrada en 954, facendo moi probábel que o texto pertenza á segunda metade do século X.
B foi escrito, probabelmente na abadía cisterciense de Neath, a fins do século XIII. Titúlase Annales ab orbe condito adusque A.D. 1286.
C é parte dun libro escrito en San David's e titúlase Annales ab orbe condito adusque A.D. 1288; este texto tamén foi datado a fins do século XIII.
A base de B e C é unha crónica do mundo derivada dos Origenes de Isidoro de Sevilla (Libro V, capítulo 39), por medio da Chronica minora de Beda. Despois de 457, B concorda case con A ata que A termina, e despois do imperio de Heraclio (610-641) C concorda maiormente con A ata que A termina, aínda que non queda claro que A non sexa a fonte común para B e C (Dumville 2002, p. xi). B e C diverxen despois de 1203, C presenta poucas e breves entradas galesas.
D e E atópanse nun manuscrito escrito na abadía cisterciense de Withland, no suroeste de Gales a fins do século XIII; a Cronica ante aduentum Domini esténdese de 1132 a 1285, mentres que a Cronica de Wallia se estende de 1190 a 1266.
A é a única que se beneficiou dunha edición diplomática completa (Phillimore 1888). Annales Cambriae, o texto A.
No libro clásico de historia Europe in the High Middle Ages (1150-1300) do profesor John H. Mundy[1] afírmase: “En 1159 os norteños Annales de Cambrai falan de tres imperios: o bizantino, o Xermánico e o de Galicia (Santiago de Compostela)”.
Nos 'Annales', menciónase que en tempos de Afonso VII de Galiza-León e Castela-Toledo o galego era un dos imperios de Europa, mencionando territorios como Nova Castela (aínda que o termo se popularizou a partir do século XVI) e os reinos de Portugal, Navarra, Aragón, Cataluña e Provenza como parte do imperio. Nótese que o termo "imperio" tivo diferentes connotacións e usos a través da historia. No contexto dos "Annales Cambriae", o termo "imperio" non debe entenderse da mesma maneira que, por exemplo, no "Imperio Romano". Afonso VII foi proclamado "Imperator totius Hispaniae" (Emperador de toda Hispania) no 1135. Isto significaba que el pretendía ser o monarca supremo de toda a Península Ibérica, situándose por riba dos outros reis cristianos, unha supremacía honorífica, que tamén se quixo atribuír o Emir de Córdoba, máis que un título que indicase un control efectivo sobre todas as terras de Hispania. No caso do "imperio galego de Santiago", a referencia é unha alusión á importancia relixiosa e cultural de Santiago de Compostela, especialmente coa influencia do Camiño de Santiago como ruta de peregrinaxe na Idade Media.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.