Rexión Centro-Oeste do Brasil
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Centro-Oeste é unha das cinco grandes rexións nas que se divide Brasil. Esta debúllase en catro unidades federativas: Mato Grosso, Mato Grosso do Sul, Goiás e Distrito Federal, onde fica Brasilia, a capital do país. Cunha área de 1.606.371,505 km², a Rexión Centro-Oeste é un territorio extenso, sendo a segunda maior rexión do Brasil por superficie. Mais por outro lado, é a rexión menos populosa do país, posuíndo a segunda menor densidade de poboación, tras a Rexión Norte.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.289.538 (2022) (10,1 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.612.077,2 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Os pobos indíxenas foron os primeiros habitantes da Rexión Centro-Oeste. Despois chegarían os bandeirantes, que descubriron moitas minas de ouro e fundaron as primeiras vilas: Vila Real do Bom Jesus de Cuiabá, actual Cuiabá, capital do Estado de Mato Grosso, Vila Boa, actual estado de Goiás e Meya Ponte, hoxe, municipio de Pirenópolis. Logo descubriríanse diamantes.
Os facendeiros de Minas Xerais e de São Paulo tamén poboaron a rexión. Crearon grandes facendas de gado.
Para defender as fronteiras do Brasil, establecéronse fortes militares, arredor dos cales naceron poboacións. Entre eles, destaca o Forte de Coimbra, hoxe municipio de Corumbá.
A poboación tamén aumentou coa construción de estradas de ferro e, máis tarde, coa aparición de estradas.
A constitución de Brasilia como sede do goberno brasileiro, tamén contribuíu ao desenvolvemento socio-económico da rexión.
Como en case todo o territorio brasileiro, o relevo da rexión caracterízase por unidades suaves, raramente superando os mil metros de altitude. O relevo da rexión podo dividirse en tres unidades:
O Planalto Central é unha grande masa rochosa, formada por rochas cristalinas, sobre as que se apoian camadas de rochas sedimentarias. Existen zonas nas que as rochas cristalinas aparecen libres da cobertura sedimentaria, xurdindo aí un relevo ondulado. Nas áreas nas que as rochas cristalinas están cubertas por camadas sedimentarias, son comúns as chapadas, con topes planos e encostas que caen repentinamente que reciben o nome de ``serras´´. Nestas rexións, as chapadas posúen a denominación de chapadões (chapadão en singular).
As chapadas están presentes na maior parte da rexión, e en Mato Grosso poden ser citadas a Chapada dos Parecis, no oeste, e a Chapada dos Veadeiros, no nordeste; en Goiás, pode ser citada a Chapada dos Veadeiros.
No norte, na fronteira coa Rexión Nordeste, destaca o Espigón Mestre, que funciona como divisor das cuncas fluviais do río Tocantins e de río São Francisco.
O Pantanal é unha planicie inundábel de formación recente, cuxa altitude media é de aproximadamente 110 metros. É, polo tanto, unha depresión relativa situada entre os planaltos Central, Meridional e o relevo pre-andino. Periodicamente, inúndase co Río Paraguai e os seus afluentes. O relevo da planicie carcterízase por ter cordilleiras, pequenas elevacións que non sofren inundacións, e baías e lagoas, nas partes baixas, de formatos circulares, inundadas durante a estación chuviosa.
Como o clima da rexión intercala estacións secas e estación chuviosas, a planicie fica cuberta por auga durante aproximadamente seis meses. Nos meses secos, as augas représanse en pequenas lagoas semicirculares, chamadas baías. Cando as cheas son máis violentas, as baías amplíanse e líganse unhas con outras a través de canais chamados corichos.
O Planalto Meridional esténdese da Rexión Sur do Brasil até os Estados de Mato Grosso do Sul e Goiás. Nel atópanse os solos máis fertis de todo o Centro-Oeste, a terra roxa, que aparece en forma de manchas no sur de Goiás e en Mato Grosso do Sul.
O clima da rexión Centro-Oeste do Brasil é tropical, quente e chuvioso, sempre presente nos Estados de Mato Grosso, Mato Grosso do Sul e Goiás. A característica máis marcante deste clima quente é a presenza dun verán chuvioso, entre os meses de outubro a marzo, e un inverno seco, entre os meses de abril a setembro. Na zona noroeste da rexión, ocupada pola Amazonia, aparece o clima ecuatorial, sendo as temperaturas máis altas e choivas máis fortes que no sur. No restante da rexión, o efecto da continentalidade fai que o clima tropical apareza máis seco, e por consecuencia, a paisaxe vexetal revela densidade menor, presentando a forma de cerrado.
O inverno presenta temperaturas superiores a 18 °C; durante o verán, a temperatura pode superar os 25 °C. Existe declinio sensíbel de temperatura cando ocorre o fenómeno da "friagem", que é a chegada dunha masa polar atlántica, que a través do val do río Paraguai, afecta a todo o oeste dos Estados de Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.
As choivas, alén de estar concentradas nunha estación do ano, distribúense irregularmente na rexión, chegando a 2.500 mm no noroeste de Mato Grosso e reducíndose a pouco máis de 1.200 mm en gran parte do territorio.
Nas rexións máis elevadas do Planalto Central ocorre o clima tropical de altitude e as mínimas son menores podendo logo caer xeadas, fenómeno que é moi común na rexión.
Os meses estivais son húmidos, sendo nesa época, a Planicie do Pantanal, unha das áreas máis quentes de América do Sur, e por ese motivo, forma un núcleo de baixa presión que atrae os ventos húmidos coñecidos como alisios do nordeste. A chegada deses ventos corresponde ás choivas fortes que caen na rexión.
A Rexión Centro-Oeste está drenada por moitos ríos, agrupados en tres grandes bacías hidrográficas:
Nos límites cos estados de Minas Xerais, São Paulo e Paraná, o Centro-Oeste está bañado polo río Paraná e por un dos seus formadores, o Río Paranaíba, no extremo sur de Goiás. A porción sueste da rexión está mollada por pequenos afluentes da marxe dereita do río Paraná, como os ríos Verde, Pardo, Ivinhema, Amambaí e Iguatemi.
A maior cunca hidrográfica por supercifice da rexión Centro-Oeste é a bacía do río Paraguai, que nace na Chapada dos Parecis, no Estado de Mato Grosso. Os seus principais afluentes son os ríos Cuiabá, Taquari e Miranda. A cunca do río Paraguai ocupa unha inmensa baixada que forma a Planicie Paraguaia, na cal se encontra o Pantanal matogrosense.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.