Arquitecto italiano e enxeñeiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Renzo Piano, nado en Xénova o 14 de setembro de 1937, é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.
Foi alumno e posteriormente mestre na Escola Politécnica de Milán. Dende 1965 ata 1970 traballou con Louis Kahn e con Makowsky. Tamén traballou xunto a Richard Rogers dende 1971 ata 1977, sendo o seu proxecto máis famoso o Centro Georges Pompidou en París no ano 1977. Mantén a súa casa e oficina de traballo na súa cidade natal.
Deseñou o Menil Collection Museum en Houston no 1986, un dos proxectos de enxeñería máis extraordinarios do século vinte no Aeroporto Internacional de Kansai, en Osaca (1988), e a reconstrución da Daimler-Benz en Berlín, Alemaña. No ano 2002 rematou o Auditorio de Música estado-da-arte en Roma. No 2003 remátase a Igrexa do Pai Pio Pelegrino en San Giovanni Rotondo. Deseñou tamén un museo en Berna dedicado ao pintor suízo Paul Klee. Piano ten deseñado tamén estadios, pontes e automóbiles. Un dos deus proxectos máis novos é o rañaceos Torre da Ponte de Londres.
No ano 1995 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Gañou o Premio Pritzker no ano 1998 e foi nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNESCO.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.