Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve
reino do sur de Europa e Sudamérica entre 1815 e 1822 From Wikipedia, the free encyclopedia
reino do sur de Europa e Sudamérica entre 1815 e 1822 From Wikipedia, the free encyclopedia
Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve foi a designación oficial asumida o 16 de decembro de 1815, a elevación do entón Estado do Brasil (1621-1815), unha colonia portuguesa, ao Reino Unido co Reino de Portugal, a súa metrópole soberana até entón, e o Algarve, debido ao traslado da familia real e da nobreza portuguesa cara ao Brasil por mor da Guerra Peninsular.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Río de Xaneiro Lisboa (1821–1825) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de decembro de 1815 | ||||
Disolución | 7 de setembro de 1822 | ||||
Sucedido por | Imperio do Brasil e Reino de Portugal | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
Órgano lexislativo | Lista de cortes em Portugal (pt) , | ||||
Moeda | Real portugués | ||||
A creación do Reino Unido viu da man do entón Príncipe rexente Xoán María de Braganza, futuro Rei Xoán VI, tralas invasións napoleónicas a Portugal. O Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve tivo só dous reis, Dona María I, que era a Raíña de Portugal antes da elevación do Brasil ao Reino Unido con Portugal, e Xoán VI, que antes da morte da súa nai a Raíña María I, xa gobernaba como Príncipe Rexente. A capital do reino era a cidade do Río de Xaneiro.
O Brasil desmembrouse coa súa independencia o 7 de setembro de 1822, proclamada polo fillo do Rei Xoán VI, D. Pedro de Alcántara de Braganza, futuro emperador D. Pedro I do Brasil e Rei D. Pedro IV de Portugal, que antes da independencia era o herdeiro do trono como Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Tal episodio resultou na fundación do Imperio do Brasil e, por conseguinte, no desmembramento do entón territorio brasileiro do imperio de ultramar portugués.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.