From Wikipedia, the free encyclopedia
Os receptores sensoriais son terminacións nerviosas especializadas ou non, situadas nos órganos sensoriais (como a lingua, a pel, o nariz, os ollos, o oído, etc.). Son os encargados de captar estímulos, internos ou externos, para levar a información e obter unha resposta xa sexa interna ou externa, e capaces de xerar un impulso nervioso e sensacións.[1]
O impulso é transportado ao sistema nervioso central e procesado en distintas áreas dentro do córtex cerebral, para proporcionar ao individuo información das condicións ambientais que o rodean e xerar unha resposta apropiada. É dicir, os receptores sensoriais son células nerviosas especializadas en transformar sinais físico-químicas en sinais eléctricas, convertendo a enerxía física nun potencial eléctrico mediante un proceso que se denomina transdución de sinais.
Estas estruturas pódense clasificar en:[2]
Son aqueles receptores que se sitúan na pel para recoller información do medio ambiente que a rodea. Estes poden clasificiarse en diferentes tipos segundo as sensacións que recollen:[3]
Son estruturas somáticas máis profundas. Encóntranse nos músculos, nas articulacións e nos ligamentos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.