O Real Club Deportivo Mallorca S.A.D. (en catalán: Reial Club Deportiu Mallorca) é un club de fútbol español da cidade de Palma, na illa balear de Mallorca. Foi fundado en 1916 e compite na Segunda División, logo de descender na tempada 2019–20.
Mallorca | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo Mallorca, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Los Bermellones; Els Barralets; La Ensaimada Mecánica | |||
Fundación | 5 de marzo de 1916 (108 anos) | |||
Estadio | Son Moix, Palma, España | |||
Inauguración | 1999 | |||
Capacidade | 23.142 | |||
Presidente | Andy Kohlberg | |||
Adestrador | Luis García Plaza | |||
Liga | Segunda División | |||
2019–20 | 19.º (Primeira División) | |||
Vestimenta | Umbro | |||
Patrocinador | Betpoint | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdmallorca.es/ | ||||
| ||||
É o único equipo das Illas Baleares que xogou na Primeira División e conta no seu palmarés cunha Copa do Rei (2003) e unha Supercopa de España (1998). Ademais, na tempada 1998/99 o equipo balear foi subcampión da Recopa de Europa. Participou tamén en dúas edicións da Liga de Campións e en tres da Copa da UEFA.
Historia
Primeiros anos
O Mallorca fundouse no ano 1916 co nome de Alfonso XIII FBC. O primeiro estadio, o campo de Buenos Aires, inaugurouse cun encontro fronte ao FC Barcelona resultando nunha vitoria para os visitantes de 0-8. O Alfonso XIII disputou o seu primeiro partido ante o Iluro de Mataró e o resultado foi 1-1. O 28 de xuño dese mesmo ano o Rei Afonso XIII honrou ao equipo co título de Real Sociedad polo que o equipo pasou a denominarse Real Sociedad Alfonso XIII.
En 1917, a Federación catalá admitiu a Real Sociedad Alfonso XIII para que tomase parte no campionato de Segunda Liga en calidade de campión oficioso de Baleares. O equipo mallorquín chegou á final xogada en Barcelona contra o Palafrugell ao que venceu por 3-1 logrando así o seu primeiro título.
En 1931 cámbiase o nome por RCD Mallorca. O 22 de setembro de 1945, inaugúrase Es Fortí, novo estadio do RCD Mallorca. Esta mesma tempada a directiva decide cambiar o nome ao estadio impoñéndolle o de Lluís Sitjar, a persoa que tres anos antes impulsara a construción do campo.
En 1960, o RCD Mallorca consegue o seu primeiro ascenso á División de Honor, con Juan Carlos Lorenzo de adestrador e Jaime Rosselló de presidente.
Década de 1990
En 1991 disputaron por primeira vez, a final da Copa do Rei ante o Atlético de Madrid con quen caeron na prórroga, por 1-0. Tralo seu paso pola 2ª División, na Tempada 96/97 conseguiu o seu sétimo ascenso a 1ª División, estando como Presidente Bartolomé Beltrán.
Na Tempada 97/98, conseguen realizar a mellor tempada da súa historia, se ficha a Héctor Cúper como adestrador. Ao cabo dun ano o equipo consegue o Subcampionato da Copa do Rei logo de ser derrotado fronte ao FC Barcelona na rolda de penaltis logo de concluír o partido e a prórroga con 1-1. Ademais de conseguir terminar a Liga en 5º lugar, en posición UEFA.
O 22 de agosto de 1999, conseguiron o primeiro título oficial da súa historia (A Supercopa de España) ao impoñerse ao Barça 0-1 no Camp Nou e 2-1 en Palma un día anterior, onde estrearon o novo estadio Son Moix, isto deulle opción a xogar a Recopa de Europa, torneo ao que chegou á final na seguinte Tempada e que caeu fronte ao Lazio por 2-1, conseguindo así o subcampionato na súa última edición desta Copa. Na Liga, quedou clasificado en 3ª posición -o mellor lugar da historia-, por detrás do FC Barcelona e o Real Madrid, obtendo así unha praza que o habilitou para disputar a fase preliminar da Liga de Campións e, posteriormente, a Copa da UEFA.
O día 5 de xaneiro do 2000 a Federación de Historia e Estatísticas do Fútbol designa ao R.C.D. Mallorca o oitavo mellor equipo do mundo no ano 1999. O RCD Mallorca, adestrado por Luís Aragonés, consegue o terceiro posto na Liga, con récord de puntuación na historia do Club, 71 puntos. Desta forma, clasifícase por segunda vez para tomar parte na Champions League. Igualmente, consegue récord de goles (61) e de vitorias (20) e encaixa o menor número de derrotas en Primeira (7).
Novo milenio
Durante a primeira tempada do novo milenio, entre os anos 2000 e 2001, o equipo consegue a terceira posición dentro da primeira división polo que consegue clasificarse para a tempada 2001/02 da Champions League.
Durante a tempada 2002/2003, o Real Mallorca gaña a Copa do Rei disputada en Elx ante o Recreativo de Huelva por un total de 3-0, cun gol de Walter Pandiani e dous de Samuel Eto'o.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro, medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas.
Estadio
- Artigo principal: Iberostar Estadi.
Actualmente o equipo teñen a súa sede no Iberostar Estadi (antigamente chamado Ono Estadi e Son Moix), que desde 1999 substituíu o estadio Lluís Sitjar (1945).
O Iberostar Estadi ten capacidade para 23.142 e ten unhas dimensións de 107x69 metros, é propiedade do concello local e debe o seu nome ao acordo de patrocinio entre Iberostar e o Real Club Deportivo Mallorca polo que se converteu no primeiro estadio de España que leva o nome dunha empresa.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 28
- Tempadas en 2ª: 37 (incluída a 2020/21)
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 12
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 19º
- Maior goleada conseguida Mallorca 6-1 Athletic Club de Bilbao (tempada 98-99)
- Mellor posto na liga: Terceiro (tempada 98-99 e tempada 00-01)
- Máximo goleador: Samuel Eto'o con 54 goles.
- Máximo goleador nunha soa tempada: Diego Tristán con 18 goles (tempada 99-00)
- Porteiro menos goleado: Roa con 23 goles encaixados (tempada 98-99, Trofeo Zamora)
- Máis partidos disputados: Miguel Angel Nadal con 249 partidos.
- Xogadores achegados á Selección de España: 10
Xogadores
Cadro actual
Actualizado a 15 de outubro de 2012.
|
|
Palmarés
Torneos nacionais
- Copa do Rei (1): 2002-03
- Supercopa de España (1): 1998-99
- Segunda División B (1): 2017-18
Torneos internacionais
- Subcampión da Recopa de Europa (1): 1998-99
Torneos amigables
Filial
- Artigo principal: RCD Mallorca B.
O filial do Mallorca é o Real Club Deportivo Mallorca B, fundado en 1983 e que actualmente milita na Segunda División B Española.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.