Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo raza aria é un concepto cuxa aceptación se xeneralizou no segundo ano da revolución hitleriana e na primeira metade do século da ponderación aria. Algúns etnólogos, durante o século XIX propuxeron que tódolos pobos indoeuropeos eran descendentes dun suposto pobo antigo, coñecido como o pobo dos arios. Varios movementos europeos de carácter colonialista e nacionalista da época aceptaron esta idea, tomándoa como propia, en especial o nazismo alemán, que empregou o concepto de raza aria (reinterpretado como unha raza de señores de pobos do norte de Europa) para tratar de xustificar os seus pretextos racistas e militaristas. A palabra ario quedou para sempre asociada, por mor diso, ó racismo e ó imperialismo nazi, por iso hoxe en día acostúmase empregar só no estudo histórico do nazismo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
A idea dunha "raza aria" xorde cando os lingüistas identifican os antigos idiomas avéstico e sánscrito como os parentes coñecidos de maior antigüidade das principais linguas europeas incluíndo o latín, o grego e tódalas linguas xermánicas e célticas. Argumentaban que os falantes daquelas linguas xurdiran dun antigo pobo que debeu ser antepasado de tódolos pobos europeos. A estes devanceiros hipotéticos déuselles o nome de arios, tomado da palabra sánscrita e avéstica "arya", que significa "nobre" ou "xentil".
A relación idiomática relaciónase con migracións dende o sur de Asia pasando polo Oriente Medio (Mesopotamia, Persia etc.) para de seguido asentarse no norte de África e en Europa, en especial no sur para despois acceder a zonas máis céntricas (primeiro Grecia, despois a Península Itálica etc.), contradicindo isto último a suposta orixe nórdica de dita raza, sexa ben desacreditando a súa existencia, ben desligándoa das tribos nórdicas, ou tamén por último desligando as linguas indoeuropeas da suposta "raza aria".
Cómpre sinalar que nos Vedas a palabra "arya" non se emprega nunca con connotacións étnicas ou raciais. Aínda foi empregada polo zoroastrismo, o budismo, o xainismo, así como polo hinduísmo co significado de "nobre" ou "espiritual", como tamén, denominar unha cualidade espiritual divina: renacido, nacido dúas veces, que renaceu trala morte.
A teoría das orixes arias nas estepas rusas non era a única que circulaba no século XIX. Estudosos alemáns sostiñan que os arios deron a súa orixe na antiga Alemaña ou en Escandinavia, ou que polo menos era nestes países onde a etnia aria orixinal se conservara. Era unha crenza xeneralizada a de que os arios védicos eran etnicamente idénticos ós godos, vándalos e outros pobos xermánicos antigos do Völkerwanderung (Emigración de Nacións). Esta idea ía a miúdo unida a crenzas antisemitas. Afirmábase que existían pobos "arios" e "semíticos" diferenciados, baseándose en suposicións sobre a historia étnica e lingüística do mundo antigo. Así, as poboacións semíticas chegaron a ser vistas como presenzcorrixo as estrañas dentro das sociedades "arias".
Na India durante a época do Raj Británico os gobernantes ingleses tamén empregaron a idea dunha raza aria distinta como maneira de aliarse co sistema de castas do país. Como moitos idiomas europeos modernos están emparentados co sánscrito, os británicos engadiron isto ás súas xustificacións da súa presenza na India. Sostiveron que os arios foron pobos de raza “branca” que invadiran a India na antigüidade, sometendo ós pobos dravídicos nativos de pel escura, que foron empurrados cara ao sur. Tamén trataron de dividir a sociedade afirmando que os arios se estableceran a si mesmos como as castas dominantes, que tradicionalmente eran os estudosos das sofisticadas escrituras védicas da fe hinduísta. O debate sobre as "razas" aria ou dravídica segue aberto na India ata o día de hoxe, influíndo en cuestións relixiosas e políticas. Algúns grupos dravídicos, en especial os támiles, sosteñen que a adoración de Shiva é unha relixión dravídica en si mesma, diferenciada do hinduísmo brahmánico. Por outra parte, o movemento nacionalista indio Hindutva afirma que a migración ou conquista arias nunca sucederon xa que o vedismo xurdira da civilización do Indo, que se supón anterior ós presuntos arios da India.
Estas discusións conduciron, así mesmo, ó movemento teosófico fundado por Helena Blavatsky e Henry Olcott a finais do século XIX. Tratábase de certa temperá filosofía New Age inspirada na cultura india, especialmente no movemento hindú de reforma Arya Samaj fundado por Swami Dayananda. Os teósofos sosteñen empregar a palabra ario para referirse á actual civilización humana. Non obstante, outros ocultistas como Guido von List (e os seus seguidores como Lanz von Liebenfels) máis tarde tomaron estas ideas uníndoas a un credo nacionalista e redefinindo ario como sinónimo de indoeuropeo. Estas e outras ideas fraguaron no uso nazi do termo "raza aria" para nomear o que eles concibían como unha raza de señores de orixes noreuropeas, levando o concepto tan lonxe como para eliminar a discapacitados coa fin de manter a súa pureza, baixo o programa de Eutanasia Aktion T-4 dos científicos do III Reich, que tiña a fin de experimentar con persoas que padecían múltiples problemas físicos e mentais e observar o comportamento, para así manter a descendencia sen mestizaxe semita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.