Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ramen (ラーメン rāmen?) é a versión xaponesa da sopa de fideos chinesa la mian (拉麵).
Basicamente son fideos fervidos en auga, servidos nun prato de sopa, para ser despois cubertos con algunha variedade de Gu (具). Moi distinto ao que se cre, era o prato orixinal chinés, la mian, que se parecía algo máis ao spaghetti e se servía só con mollo. O ramen integrouse con tal forza na gastronomía xaponesa que en Taiwán é considerado un produto netamente xaponés.
Acostúmase consumir en establecementos de comida rápida, en postos ambulantes ou na casa, sendo un dos alimentos máis baratos que se poden atopar.
Os ingredientes máis importantes do ramen son: men (麺) (fideo), sopa e Gu (具).
O fideo faise basicamente con fariña de trigo, auga, sal e kansui. O kansui é auga que contén altas concentracións de carbonato de potasio, carbonato de sodio e unha lixeira cantidade de ácido fosfórico. É o que lle dá ao ramen a súa característica cor amarela. Por veces utilizase ovo no canto de kansui.
Aínda cando moitos consideran que o máis importante do ramen é o tipo de fideo, o modo máis doado de diferenciar as variantes é pola sopa na que a pasta se deposita. As máis características descríbense a continuación.
Destas despréndese unha variedade maior, aínda que xeralmente a única diferenza é o que se utiliza como Gu.
En realidade, case calquera cousa pode servir como complemento, e a maioría das veces déixase á discreción do cliente.
As opcións máis comúns son ovos fervidos, menma ou shinachiku (支那竹) (encurtido de tronco de bambú moi novo), nori, wakame, rebadas de porco rostrido yakibuta(焼豚) ou chaashuu (叉焼), negi (cebolín), naruto kamaboko e ultimamente kimuchi e verduras fervidas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.