pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Antonio Gil Rey, nado en Santiago de Compostela en 1818 e finado en Madrid en 1844, foi un debuxante, pintor e litógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1844 (25/26 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor, litógrafo, debuxante |
Familia | |
Irmáns | José María Gil Rey |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Irmán de José María Gil Rey,[1] Ramón Antonio trasladouse a Madrid en 1839 e ao ano seguinte ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi pintor de historia e profesor de paisaxe no Liceo artístico e literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Concorreu cos seus traballos á varías exposicións anuais de belas artes, chamando a atención na de 1839 e na de 1840, nesta última cunha vista da Red de San Luis, que foi unanimemente eloxiada. Nese ano cedeu un dos seus traballos para a rifa que se fixo a beneficio do pintor Antonio María Esquivel, cego e doente daquela.[2]
Colaborou no Semanario Instructivo (1838), o Semanario Pintoresco Español (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Fixo retratos da aristocracia madrileña, entre eles Espartero e a raíña María Cristina.
Finou prematuramente en Madrid, aos 26 anos de idade.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.