fotógrafo, cineasta e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Barreiro Vázquez, nado en Castronuño (Valladolid) o 28 de agosto de 1906[Cómpre referencia] e finado en Madrid o 1 de maio de 1981,[1] foi un fotógrafo, cineasta e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1906 Castronuño, España |
Morte | 1 de maio de 1981 (74 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Familia | |
Irmáns | Enrique Barreiro |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Enciclopedia Galega Universal |
Barreiro era fillo do fotógrafo estratense Ramón Barreiro Barcala, primeiro establecido en México e despois en Pontevedra. En 1925 comezou a colaborar co seu irmán Enrique coa rodaxe de filmes e coas súas investigacións co cinema en cor, como o documental Pontevedra, cuna de Colón, estreado no Teatro Principal de Pontevedra en 1927.
En 1932 montou con Enrique e o pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que rodaron noticieiros e filmes como Por unha Galicia nova, en apoio do estatuto de autonomía. As dificultades financeiras e as desavinzas co irmán levárono a trasladarse a Madrid en 1935 para dedicarse á publicidade. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e Velázquez. Durante a guerra civil traballou para o bando republicano e realizou a curtametraxe Madrid heroico para o SUICEP (Sindicato Único de la Industria Cinematográfica y Espectáculos Públicos), dependente da CNT
Ao remate da guerra retornou a Pontevedra en abril de 1939,[2] e lavou a súa reputación co libro Metralla blanca del Madrid rojo (1939). Iniciou unha carreira literaria, escribiu unha obra teatral para nenos e publicou o libro Nosotros los hombres (1943); tamén colaborou no diario Informaciones. Na década de 1940 dirixiu varias películas documentais como a serie Retablo español. En 1944 dirixiu a súa primeira longametraxe, El sobrino de don Búfalo Bill, primeiro dos seus filmes de humor e parodia.
Realizou programas en Televisión Española como Club mediodía e Teleclub, volvendo ao cinema esporadicamente, como ao traballar como coguionista do filme de León Klimovsky Torrejón City (1962).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.