banda de rock alternativo inglesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Radiohead é unha banda de rock alternativo procedente de Abingdon, Oxfordshire, Reino Unido formada en 1985. A banda está constituída por Thom Yorke (voces, guitarra rítmica, piano), Jonny Greenwood (guitarra principal, teclados e outros), Ed O'Brien (guitarra, coros), Colin Greenwood (baixo, sintetizador) e Phil Selway (batería, percusión). Con influencias de diversos xéneros, o enfoque experimental ao rock de Radiohead foi recoñecido por promover o son do rock alternativo. Foi aclamada como unha das bandas de rock máis importantes do séxulo XXI.
Radiohead | |
---|---|
Orixe | Abingdon, Oxfordshire, |
Período | 1985 – presente |
Xénero(s) | rock alternativo,[1][2][3] música electrónica,[4][5] rock experimental,[6] art rock[7][8][9] |
Selo(s) discográfico(s) | XL, TBD, Parlophone, Capitol |
Membros | Thom Yorke Jonny Greenwood Ed O'Brien Colin Greenwood Phil Selway |
Artistas relacionados | Atoms for Peace, 7 Worlds Collide |
Na rede | |
www.radiohead.com | |
Tras fichar por EMI en 1991 Radiohead editou o seu primeiro sinxelo, "Creep", en 1992. A canción converteuse nun éxito, e fíxose mundialmente coñecida despois da edición do seu álbum de estrea, Pablo Honey, en 1993. A súa popularidade aumentou no Reino Unido co lanzamento en 1995 do seu segundo traballo, The Bends. O seu terceiro álbum, OK Computer (1997), fixo medrar a súa fama internacional. O disco destaca pola súa complexa produción e por falar sobre a alienación moderna, e adoita a ser aclamado como un fito da época da Xeración X.
Kid A (2000) e Amnesiac (2001) marcaron unha evolución no estilo de Radiohead, ao incorporar elementos da música electrónica, do Krautrock, do post-punk e do jazz. Hail to the Thief, aparecido no 2003, mestura un rock guitarreiro, con elementos electrónicos e letras inspiradas na guerra e foi o seu derradeiro traballo co selo EMI.
Os seus seguintes lanzamentos foron pioneiros en plataformas alternativas de edición como paga o que queiras e BitTorrent. O seu seguinte traballo, In Rainbows, foi editado independentemente no 2007, nun principio como descarga dixital, onde os clientes podían decidir canto desexaban pagar, e posteriormente en formato físico cun grande éxito da crítica e de vendas.
O seu oitavo álbum, The King of Limbs (2011), unha exploración do ritmo, desenvolveuse usando extensamente loops e samplers. A Moon Shaped Pool (2016) conta principalmente con arranxos orquestrais de Jonny Greenwood.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Pablo Honey | 1993 | Parlophone/Capitol |
The Bends | 1995 | Parlophone/Capitol |
OK Computer | 1997 | Parlophone/Capitol |
Kid A | 2000 | Parlophone/Capitol |
Amnesiac | 2001 | Parlophone/Capitol |
Hail to the Thief | 2003 | Parlophone/Capitol |
In Rainbows | 2007 | Xurbia Xendless, XL |
The King of Limbs | 2011 | Ticker Tape, XL |
A Moon Shaped Pool | 2016 | XL |
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Drill | 1992 | Parlophone |
Itch | 1994 | EMI |
My Iron Lung | 1994 | EMI |
No Surprises/Running From Demons | 1997 | Parlophone |
Airbag/How Am I Driving? | 1998 | EMI |
COM LAG (2plus2isfive) | 2004 | EMI |
Ano | Canción | Lista de vendas do Reino Unido | Álbum |
---|---|---|---|
1992 | Prove Yourself | 101 | Drill EP |
1992 | Creep | 78 | Pablo Honey |
1993 | Anyone Can Play Guitar | 32 | Pablo Honey |
1993 | Pop is Dead | 42 | - |
1993 | Creep (re-edición) | 7 | Pablo Honey |
1993 | Stop Whispering | S/D (Só nos Estados Unidos) | Pablo Honey |
1994 | My Iron Lung | 24 | The Bends |
1995 | High and Dry | 17 | The Bends |
1995 | Planet Telex | 17 | The Bends |
1995 | Fake Plastic Trees | 20 | The Bends |
1995 | Just | 19 | The Bends |
1996 | Street Spirit (Fade Out) | 5 | The Bends |
1996 | The Bends | S/D (Só en Irlanda) | The Bends |
1997 | Paranoid Android | 3 | OK Computer |
1997 | Karma Police | 8 | OK Computer |
1998 | No Surprises | 4 | OK Computer |
2001 | Pyramid Song | 5 | Amnesiac |
2001 | Knives Out | 13 | Amnesiac |
2003 | There there | 4 | Hail to the Thief |
2003 | Go to Sleep | 12 | Hail to the Thief |
2003 | 2 + 2 = 5 | 15 | Hail to the Thief |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.