Drill
subxénero da música hip hop From Wikipedia, the free encyclopedia
subxénero da música hip hop From Wikipedia, the free encyclopedia
Drill é un subxénero da música hip hop que se orixinou en Chicago a principios da década de 2010. A nivel de son é semellante ao trap e liricamente ao gangsta rap.[1] Os primeiros artistas drill son coñecidos polo estilo explícito e agresivo das súas letras e pola asociación co crime en Chicago. O xénero avanzou ao mainstream estadounidense en 2012 tras o éxito de rapeiros pioneiros como Chief Keef, Lil Reese, Lil Durk, Fredo Santana, G Herbo, Lil Bibby[2] e King Louie, que tiñan moitos fans locais e un importante presenza en Internet xunto co produtor Young Chop. Outros rapeiros, como LA Capone e RondoNumbaNine, tamén contribuíron á escena inicial do drill.[3] A medida que o público creceu, seguiu a atención dos medios e a fichaxe de músicos de drill para grandes selos.
Drill | |
---|---|
Orixe musical | Música Hip hop, Trap, Gangsta rap, Memphis rap e Hip hop hardcore |
Orixe cultural | Comezos da década de 2010, Chicago, Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Sintetizador, Rap, Caixa de ritmos, Sampler |
Derivados | Mumble rap |
Subxéneros | |
UK drill, Brooklyn drill | |
Despois de diminuír o impulso inicial do subxénero, o drill de Chicago viu un rexurdir a finais da década de 2010 e principios da década de 2020 con artistas pioneiros como King Von, Polo G e un renovado Lil Durk.[4] Noutros lugares, os subxéneros rexionais da música drill gañaron moita popularidade. O UK drill, no Reino Unido, influíu en escenas rexionais de todo o mundo. O Brooklyn drill tamén gañou popularidade a finais da década de 2010 e principios da década de 2020 con artistas como Pop Smoke e Fivio Foreign.[5][6]
Chief Keef, en particular, é considerado o principal proxenitor e divulgador da música drill, responsable de levala á fama.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.