From Wikipedia, the free encyclopedia
Radcal, tamén coñecido como RadCal e RADCAL (de Radar Calibration) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos pertencente ó Programa de Probas Espaciais (Space Test Program) lanzado o 25 de xuño de 1993 mediante un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para servir como obxectivo para a calibración de radares militares.[2][3][5][6]
Radcal / RadCal / RADCAL | |
---|---|
Tipo | Calibración de radar |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos |
Destino actual | En órbita terrestre, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 25 de xuño de 1993, 23:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout G1[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, rampla SLC-5[3][6] |
Obxectivo da misión | Obxectivo para calibración de radares militares.[3][6] |
NSSDC ID | 1993-041A |
Masa | 89,3 kg[3] |
Dimensións | Octógono de 40,6 cm de alto e 76,2 cm de diámetro[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7192 km[1] |
Inclinación | 89,5 graos[1] |
Apoapse | 886,2 km[1] |
Periapse | 756,3 km[1] |
A misión de Radcal foi servir de obxectivo de calibración para os radares en banda C do Mando Espacial e permitir establecer a posición doutros satélites cunha precisión de poucos metros.[3][5][6]
O satélite estabilizábase por gradente gravitatorio e foi o primeiro adicado á monitorización de rendemento de radar (RPM polo acrónimo en inglés). Tiña forma octogonal e unha masa de 89,3 kg, cunha altura de 40,6 cm e un diámetro de 76,2 cm. O mastro para a estabilización por gradente gravitatorio tiña unha lonxitude de 6,069 m. A enerxía era proporcionada por células solares. Radcal levaba a bordo dous transpondedores en banda C, unha baliza de frecuencia dual (150 e 400 MHz) e unha unidade de control, telemetría e seguimento. Como carga experimental levou dous receptores GPS para determinar a súa posición.[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.