Río Weser

From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Wesermap

O Weser é un importante río de Alemaña que se orixina da unión, preto de Hannoversch Münden, na Baixa Saxonia, dos ríos Fulda, que pasa pola cidade homónima, e Werra. O sistema Weser/Fulda alcanza unha lonxitude de 650 km, entanto os sistema Weser/Werra 744 km. O Weser desauga no Mar do Norte.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Modelo:Xeografía físicaRío Weser
(de) Weser Editar o valor en Wikidata
Thumb
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaBaixa Saxonia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Fulda Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 51°25′17″N 9°38′53″L
B 53°33′40″N 8°31′20″L
Afluentes
48
Conca hidrográficaWeser Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións451 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica47.960 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal327 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5325783
Pechar

Xunto co Ems, o Weser é o outro gran curso de auga que flúe enteiramente por territorio alemán. Desde a unión dos ríos que o forman Weser atravesa os estados de Hessen, Renania do Norte-Westfalia, Baixa Saxonia e Bremen, servindo de límite fluvial entre estes dous últimos. A súa conca esténdese tamén por partes de Turinxia e Saxonia-Anhalt.

Percorrido

O considerado punto 0 do Weser é a unión do Fulda e o Werra en Hannoversch Münden. Desde aí o río atravesa a rexión de outeiros de Weserbergland, moi frecuentada polo turismo, e que deixa atrás pola denominada Porta Westfalica, ao sur de Minden. Xusto ao norte desta cidade de Minden, o río vese cruzado polo Mittellandkanal (en alemán Canle do Centro) por medio dun acueduto. Xa inmerso na gran chaira do norte de Alemaña o seu curso forma numerosos meandros, véndose o leito moi arranxado con canles de derivación, esclusas etc. Os últimos 85 km corresponden xa ao curso inferior do río. Na desembocadura ou estuario do Weser no Mar do Norte, a 252 km da confluencia do Fulda e do Werra, levántase na súa beira esquerda, que corresponde ao estado de Bremen, a cidade de Bremerhaven.

Afluentes

Os principais afluentes do Weser e do Werra son:

  • Beira esquerda:
    • Ulster, tributario do Werra.
    • Fulda, co seu afluente o Eder.
    • Diemel.
    • Werre.
    • Grosse Aue.
    • Hunte.
  • Beira dereita
    • Nesse, desemboca no Werra.
    • Aller, co Leine.
    • Lesum, formado da unión do Hamme e Wümme.

Cidades importantes ás beiras

A cidades máis salientables erguidas á beira do río desde a unión do Fula e o Werra son: Hannoversch Münden, Bad Karlshafen, Beverungen, Höxter, Holzminden, Bodenwerder, Hamelín (Hameln), Hessisch-Oldendorf, Rinteln, Vlotho, Bad Oeynhausen, Porta Westfalica, Minden, Petershagen, Nienburg, Achim, Bremen, Brake, Nordenham, Bremerhaven.

Protección ambiental

No seu curso inferior o Weser atravesa o Parque Nacional da Baixa Saxonia Wattenmeer.

Nota

En alemán a rexión de Vesdre, en Bélxica, recibe tamén o nome de Weser.

Véxase tamén =

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.